Loading... (0%)


XA DISPOÑIBLE “A PAZ ESQUIVA” PRIMEIRO SINGLE DO NOVO DISCO DE SES

11 Novembro 2016

 “A PAZ ESQUIVA” 
DISPOÑIBLE DIXITALMENTE:
SPOTIFY | iTunes | Deezer | Google Play

 

OPOÑERSE Á EXTINCIÓN é o cuarto álbum oficial de SES e chegará aos nosos ouvidos o vindeiro 2 de decembro.

SES é forza, incorformismo e paixón.
É a artista máis relevante do momento e un fenómeno social que non deixa de medrar. Cantautora que viste as súas cancións de blues, rock e sons latinoamericanos acompañados dunhas letras de marcado carácter reivindicativo contra case todo o establecido.

OPOÑERSE Á EXTINCIÓN segue a liña do inconfundible estilo de SES coas novas composicións e diferentes temáticas onde fai demostración da gran voz que posúe.