Fol
  • Fol en You Tube
  • Fol en Facebook
  • Fol en Spotify
  • Fol en iTunes
  • RSS de Fol
Boletín

Nós

FOL MÚSICAé un selo especializado en música galega que forma parte de BOA (www.boa.es)

Alá polo ano 1992 decidimos crear un selo discográfico e comezamos a distribuír música alternativa e interesante de todo o mundo. Éramos uns mozos sen case experiencia no ámbito da música e da empresa, pero con moitas gañas e ilusións. Así naceu BOA, un nome galego que definía a nosa paixón pola música.

Aínda que xa editábamos discos galegos con anterioridade, no ano 1995 creamos DO FOL EDICIÓNS, un selo irmá de BOA dedicado á música galega de raíz, no máis amplo sentido da palabra.

Lanzamos os primeiros discos de CHOUTEIRA, OS CEMPÉS e BERROGÜETTO, tres artistas novos por entonces que ían revolucionala música galega. Con eles chegaron anos de esplendor creativo para a nosa música. Xa choveu dabondo dende aquela. En todos estes anos fomos creando un interesante catálogo, con discos marabillosos e preciosa música. Nesta web podes ver tódolos artistas e discos que temos editado.

Pasado algún tempo renomeamos o noso apelativo orixinal  e creamos un novo logotipo. Así naceu FOL MÚSICA, un selo 100% dedicado á música galega.

A nosas actividades se centran en editar, producir e distribuír música. Tamén organizamos eventos e concertos, temos longa experiencia e coñecemento nestas áreas. Somos profesionais da música, pero tamén temos valores de transparencia, responsabilidade, ética, cordialidade: valores que queremos afianzar no tempo.

Queremos mostrar a nosa singularidade cultural e social únicas. A lingua galega é un dos baluartes do noso proxecto, un ben apreciado neste mundo globalizado. Gustamos de editar propostas artísticas interesantes e que teñen algo que dicir: novos artistas aos que queremos apoiar, e artistas consagrados que precisan unha plataforma de comercialización e promoción adecuada.

A nosa misión e conseguir a máxima difusión destes traballos. Temos distribución en moitos países do mundo, estamos presentes en tódalas plataformas existentes en Internet.

Seguiremos editando traballos marabillosos e únicos. A creatividade non ten límites e o futuro está cheo de sorpresas emocionantes.

Nando Luaces

 

Boa
Copyright © Boa Publising S.L. All rights reserved