Este octavo volume da Colección Música Clásica Galega está dedicado integramente ás composicións pianísticas do coruñés Marcial de Adalid Gurrea (1826-1881), un dos máis coñecidos representantes da música española do período romántico.
Adalid, agás de virtuoso pianista, dedicou parte de súa vida a facer colleita do folclore galego e aínda chegou a compoñer una ópera, Inés e Bianca, que non puido ver estreada durante a súa vida, retardándose a súa estrea ata o ano 2007.
A gravación presente está conformada polas obras seguintes: Sonata en mi bemol maior, catro scherzos Op. 24, Lamento Op.9, Valse Brillante e a famosa Elexía Op.10, todas estas obras na interpretación dun dos nosos prestixiosos intérpretes do piano, o valenciano Joaquín Soriano.
Soriano, que ten sido alumno de Alfred Brendel, é catedrático de piano dende o ano 1973 no Conservatorio Superior de Música de Madrid, Académico da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e director Artístico do Concurso Internacional de piano de Santander.
Este disco conta cun amplo libreto documentado polo musicólogo da Universidade Compostelá, Carlos Villanueva, traducido a tres idiomas (galego, castelán e inglés). Foi gravado no Auditorio de Galicia en decembro de 2003