Loading... (0%)


GUADI GALEGO “O MUNDO ESTÁ PARADO” NOVO DISCO HOXE DISPOÑIBLE

04 Novembro 2016

“O MUNDO ESTÁ PARADO” pódese disfrutar de moitos xeitos:

VINILO ED. LIM | Spotify | iTunes | Google Play | Amazon | Deezer

Co seu anterior LUAS DE OUTUBRO E AGOSTO (Fol Música 2014), a compositora GUADI GALEGO conseguiu conquistar a público e crítica cun disco extraordinario, cheo de cancións fermosas, melodías sublimes e letras moi persoais.

O MUNDO ESTÁ PARADO, un conxunto de cancións onde a pluralidade, a universalidade e á vez a diversidade están presentes. Unha reflexión sobre a imposibilidade da coherencia.

O MUNDO ESTÁ PARADO está conformado por 10 temas: 6 escritos por ela ,3 por Carlos Abal  e 1  por Pachi García, que exerce de novo como productor musical. GUADI GALEGO perfílase como unha compositora extremadamente orixinal e única.