Loading... (0%)


GUADI GALEGO celebra o éxito do seu disco cunha xira de presentación

18 Febreiro 2015
Lúas de Outubro e Agosto” o novo disco de GUADI GALEGO tivo unha impresionante acollida con con máis de 3.000 copias vendidas e 60.000 views do seu primeiro videoclip “MATRIARCAS”. Son datos que poñen de manifesto a relevancia e o impacto cultural de Guadi con este traballo editado por Fol Música.

Guadi Galego iniciará en marzo a xira de presentación con cinco concertos en Galicia.

DATAS DA XIRA

OLEIROS – Venres 6 Marzo Auditorio do Centro Cultural A Fábrica de Perillo 21:00
VILAGARCÍA – Sábado 7 Marzo – Salón García 21:00
OURENSE – Domingo 8 Marzo – Auditorio de Ourense 20:30
REDONDELA – Sábado 21 Marzo – Auditorio da Xunqueira 21:00
CEDEIRA – Sábado 28 Marzo – Auditorio 20:30

GUADI NOS CONCERTOS DE RADIO 3

O 23 de Abril pola mañá Guadi estará a gravar Os Concertos de Radio 3. Se vives en Madrid e queres asistir a esta gravación, envía un correo electrónico a: comunicacion@boa.es co teu nome completo e DNI.
A cita é ás 12 do mediodía

O seu videoclip, “Matriarcas“, podes velo aquí.

Guadi Galego publicou a finais de 2014 o seu segundo disco como solista, Lúas de Outubro e Agosto. Trátase dun traballo que contén fermosas cancións cun nexo común, a esencia do vivido e madurado, a emoción e a intensidade, a delicadeza e o risco. Todo un exercicio de inspiración para encontrar vías non exploradas e propoñer unha música chea de sinceridade que conectou co público.

Guadi é unha das artistas máis relevantes da escena musical de Galicia, Lúas de Outubro e Agosto é o seu segundo traballo como solista tras Benzón (2009). A súa traxectoria musical é moi intensa e rica, foi voz principal e gaiteira de Berrogüetto e tamén formou parte como intérprete e compositora dos proxectos colectivos:

Nordestinas, Espido e aCadaCanto.

Guadi Galego preséntase agora cun son e unha expresión artística máis madura e tamén máis atrevida, máis melódica pero á vez, máis arriscada.