Loading... (0%)


“Tronzar os valos”

08 Abril 2015
SES TRONZAR OS VALOS 2400

Artista: SES

Fecha de publicación: 24/03/2015

Formato: CD

COMPRAR

APPLE-ico cart-ico spotify-ico

Tronzar os valos

1. Sentir Sen Pensar
2. Como eu canto
3. 2000 Anos Máis
4. Tronzar Os Valos
5. Novas Ganas de Soñar
6. Baixo o Cemento
7. Máis Que Quimera
8. Humanamente
9. Opio Barato
10. Iconoclasta
11. Un pensamento
12. Un xeito de borrarte

Novo traballo da artista galega máis relevante do momento: SES, unha cantautora que viste as suas cancións de blues, rock e sons latinoamericanos. TRONZAR OS VALOS reúne 12 novas cancións que van a supoñer o afianzamento e despegue definitivo da cantante con máis pegada do momento.

Se algo podemos destacar de SÉS é o seu enorme carisma e forza persoal, xa de sobra amosada en centos de concertos e actuacións ao longo de toda Galiza, percorrendo diferentes escenarios, pobo tras pobo e cidade tras cidade. Aos poucos e grazas á transmisión boca-orella, a súa intensa personalidade e honestidade á hora de manifestarse,  foi conquistando o público cun caudal de enerxía que chama pola unión e o cuestionamento do establecido.

Formada na música e no baile tradicional, Sés é profesora e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social. En 2007 crea xunto a tres amigos a banda Chámalle Xis!, un dos grupos revelación daquel ano e un dos gañadores do concurso A Coruña Son, apadriñado por Santiago Auserón.

No ano 2011 editou o seu primeiro traballo, “Admirando a Condición”, en 2013 o seu segunto “Co xenio destrozado” e na actualidade está a presentar o seu terceiro disco “Tronzar os Valos” un traballo feito con orgullo identitario, frescura e vitalidade, que pretende concentrar nunha presa de cancións viscerais e paixonais a potencia do directo. Temas de cantautora vestidos de blues, rock e sons do continente hispanoamericano.