Loading... (0%)


“Rústica”

15 Xaneiro 2015
CRISTINA PATO DAVIDE SALVADO RUSTICA 560

Fecha de publicación: 

Formato: CD

COMPRAR

APPLE-ico cart-ico spotify-ico youtube-ico

Rústica

1. Meu Cabalo
2. Mens
3. Asubíasme de Lonxe
4. Erbecedo
5. Grao a Grao
6. Alalá Tristina
7. Ruada Macabra
8. Cardadores

Catro grandes personalidades da música galega únense nun proxecto chamado RÚSTICA, un disco moi especial que publica FOL MÚSICA e que sae á venda hoxe.

Rustica é o resultado de encontros casuais, sincronicidades, afinidades e descubrimentos. É unha carta de amor ao incrible patrimonio cultural de Galicia, á amizade e á emoción.

Cancións antigas cantadas con gran profundidade e sentimento cun desenvolvemento harmónico que as trae aos nosos días cun toque máxico dos encantos e os misterios de antano.

Gaita, acordeón, zanfona, pandeiros e voz, son os instrumentos sobre os que foron crecendo as cancións de RÚSTICA

Un tesouro agochado que agora sae á luz