Loading... (0%)


“Romanticismo e Nacionalismo”

17 Agosto 2014
1308136385-ROMANTICISMO

Fecha de publicación:
01/06/2003

COMPRAR

APPLE-ico cart-ico spotify-ico

MUSICA CLÁSICA GALEGA VOL. 6

1. Gaos sinf, nº 2, Andante mosso
2. Gaos sinf. nº 2, Andante
3. Gaos sinf nº 2, allegro
4. Alborada Gallega, Pascual Veiga (Orq. M. Balboa)
5. Dolora Sinfónica, Gregorio Baudot
6. Negra Sombra, Juan Montes (orq. Peter Hope)

Más info

Este sexto volume da colección Música Clásica Galega está integrado por obras creadas en Galicia no período comprendido entre finais do século XIX e principios do XX, época que estilisticamente vai asociada ao Romanticismo tardío ou Post-Romanticismo, e ao Nacionalismo musical europeo.  Este movemento artístico tivo  como promotor en Galicia á figura do músico Marcial de Adalid, virtuoso do piano e compositor a quen está dedicado a oitava entrega desta mesma colección.

A edición discográfica “Romanticismo e Nacionalismo” recolle distintas composicións de catro relevantes e fundamentais autores galegos: Andrés Gaos, Pacual Veiga, Gregorio Baudot e Juan Montes. Neste CD rexístranse exemplos que reflicten os distintos métodos compositivos usados polos nosos músicos, que teñen de nexo común a inspiración na música e os ritmos tradicionais galegos, nun intento de recoller e expor a propia idiosincrasia do pobo ao que pertenceron.

Así, de Andrés Gaos, que faleceu en Mar de Plata en marzo de 1959, se gravou a coñecida Sinfonía Nº2 “Nas montañas de Galicia”, obra de carácter descritivo- programático creada entre 1917 e 1919. De  Pascual Veiga se ofrece “Alborada Galega”, realizada para os Xogos Florais de Pontevedra en 1880, e inspirada na alborada tradicional galega,  orquestrada en 1999 polo ilustre compositor galego xa desaparecido, o coruñés Manuel Balboa, especializado en música cinematográfica e sinfónica.

Outro dos  seleccionados foi Gregorio Baudot, compositor nacido en Colmenar Viejo, de apelido francés, pero que residiu en Ferrol durante case 30 anos. Alí foi onde compuxo en 1914 a súa obra “Dolora Sinfónica” que agora presentamos. Por último, Juan Montes, músico nacido en Lugo en 1840, organista e mestre de capela da catedral lucense, seminarista, sen chegar a recibir a orden sacerdotal, e autor da célebre balada  “Negra Sombra” a partires dos versos publicados por Rosalía de Castro na súa obra Follas Novas.

Esta canción, convertida hoxe en  himno non oficial dos galegos, e o resto de composicións sinfónicas, foron interpretadas pola Orquestra Sinfónica de Galicia baixo a dirección do mestre concertante Víctor Pablo Pérez.

O disco contén un extenso libreto informativo, con fotografías e biografía dos intérpretes, en galego, castelán e inglés, coas eruditas e interesantes anotacións do musicólogo Xosé López- Calo, director da colección.