Loading... (0%)


“Renacemento e Barroco (I)”

17 Agosto 2014
1308130325-vol 2 renacemento barroco clasica galega portada

Fecha de publicación:
01/02/2003

COMPRAR

APPLE-ico cart-ico spotify-ico

MUSICA CLÁSICA GALEGA VOL. 2

1. Guerra, guerra
2. Suene esa alma
3. Rompa el clarín
4. Manum suan
5. Interveniat pronovis
6. Desprendido va
7. Que gira, que vuela
8. Españoles querreros

Más info

In Itínere, grupo de Cámara da Universidade de Santiago, baixo a batuta do seu director, Carlos Villanueva son os intérpretes do segundo volume da colección titulado “Renacemento e Barroco (I)”, álbum totalmente dedicado ao compositor José de Vaquedano (1642-1711), mestre de capela da Catedral de Santiago.

Nacido en Puente La Reina (Navarra) en marzo de 1642, encontramos documentos que demostran que o mozo José de Vaquedano, con 21 anos buscou primeiro acomodo como cantor en Bilbao, Vitoria e San Sebastián. Tras un paréntese non documentado reaparece de novo o navarro en 1680 como mestre da Capela do Mosteiro da Encarnación de Madrid. Este mosteiro estaba estreitamente relacionado coa catedral compostelá, dado co Arcebispo de Compostela foi Abade da Encarnación por designación real e con carácter vitalicio durante os séculos XVII e XVIII.

Vaquedano foi frade Trinitario Calzado e accedeu ó maxisterio da capela santiaguesa o mesmo ano de 1680. A súa carreira profesional desenrolouse durante a gran expansión barroca da catedral compostelá, falecendo o 27 de febreiro de 1711 en Compostela e sendo enterrado no Convento das Mercedarias de Santiago.

A maior parte da súa obra conservase no arquivo da catedral compostelá onde foi mestre excepto tres panxoliñas. Este disco recolle una selección (8 composicións) do repertorio do autor integrada por varias panxoliñas transcritas polo musicólogo V. García Julbe, un motete a oito voces e a Lamentación* 3ª de Xoves Santo. As notas, en galego, castelán e inglés, corren a cargo de Carlos Villanueva, director artístico do grupo In Itinere.

NOTA: *( A Lamentacións foron un repertorio común nas creacións dos polifonistas do Século de Ouro español, repertorio baseado na Vulgata e na Biblia Grega atribuída a San Xeremías).