Loading... (0%)


“Radio Cos”

24 Setembro 2014
RADIO_COS_portada

Artista: Radio Cos

Fecha de publicación: 20/05/2013

Formato: CD

COMPRAR

APPLE-ico cart-ico spotify-ico youtube-ico

1. Muiñeira da Despedida
2. Valse do Amor
3. O Rumbista de Sas
4. Pandeiretada
5. Ven Bailar Carmiña
6. Camiño
7. Sete Cuncas
8. A Voda Búlgara
9. Olereleré
10. A Pontenova
11. A Sogra Maldita
12. De Madrí a Queimadelos
13. Ándele Imende
14. Igrexafeita

Radio cos son uns pandeireteiros de sona que fixeron evolucionar a música galega de xeito natural.
Xurxo Fernandes e Quique Peón, ámbolos dous cantantes e percusionistas do grupo, son dous referentes no mundo da investigación etnográfica en Galiza.

Máis info

As melodías utilizadas neste proxecto pertencen a arquivos de gravacións de campo propias, un traballo que levan facendo por toda Galiza desde fai máis de tres décadas.

Radio Cos levan case nove anos percorrendo escenarios por Bélxica, Inglaterra, Escocia, Bretaña e Galiza, transmitindo o seu modo de entender a nosa música tradicional.

Este primeiro disco súo, homónimo, contén unha chea de música de raíz que conxuga a sonoridade máis arcaica con distintos elementos da propia tradición, pero tamén con melodías alleas que gardan relación con Galiza.

A banda de Radio Cos a conforman tres prestixiosos músicos: Pedro Lamas (á gaita e ó saxo soprano), Nikolay Velikov ( ao violín) e Xan Pampín ( ao acordeón).

Este traballo, concibido con forza e alegría, quere reivindicala invisibilidade que sofren as chamadas “culturas minoritarias”, a pesares de estar permanente y constantemente presentes, de nos rodear, e de ser verdades habituais manifestamente palpables.

Radio Cos son:
Xurxo Fernandes
Xan Pampín
Pedro Lamas
Nikolay Velikov
Henrique Peón