Loading... (0%)


“Musica para Piano – Marcial de Adalid”

17 Agosto 2014
1308137691-MUSICA PARA PIANO

Fecha de publicación:
01/08/2003

COMPRAR

APPLE-ico cart-ico spotify-ico

MUSICA CLÁSICA GALEGA VOL. 8

1. Allegro molto,
2. Andante,
3. Andantino scherzoso,
4. Finale,
5. Scherzo 1,
6. Scherzo 2,
7. Scherzo 3,
8. Scherzo 4,
9. El lamento,
10. Vals brillante,
11. Elegia,

Más info

Este octavo volume da Colección Música Clásica Galega está dedicado integramente ás composicións pianísticas do coruñés Marcial de Adalid Gurrea (1826-1881), un dos máis coñecidos representantes da música española do período romántico.

Adalid, agás de virtuoso pianista, dedicou parte de súa vida a facer colleita do folclore galego e aínda chegou a compoñer una ópera, Inés e Bianca, que non puido ver estreada durante a súa vida, retardándose a súa estrea ata o ano 2007.

A gravación presente está conformada polas obras seguintes: Sonata en mi bemol maior, catro scherzos Op. 24, Lamento Op.9, Valse Brillante e a famosa Elexía Op.10, todas estas obras na interpretación dun dos nosos prestixiosos intérpretes do piano, o valenciano Joaquín Soriano.

Soriano, que ten sido alumno de Alfred Brendel, é catedrático de piano dende o ano 1973 no Conservatorio Superior de Música de Madrid, Académico da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e director Artístico do Concurso Internacional de piano de Santander.

Este disco conta cun amplo libreto documentado polo musicólogo da Universidade Compostelá, Carlos Villanueva,  traducido a tres idiomas (galego, castelán e inglés). Foi gravado no Auditorio de Galicia en decembro de 2003