Loading... (0%)


“Música para Banda”

17 Agosto 2014
1308144453-BANDA

Fecha de publicación:
01/10/2003

COMPRAR

APPLE-ico cart-ico spotify-ico

MUSICA CLÁSICA GALEGA VOL. 10

1. Saludo a Lugo
2. Festa na tolda
3. Carrapucheiriña
4. Obertura
5. Bruxas
6. Rias baixas
7. Alborada e festa
8. Brincadeira
9. O larpeiro
10. Antífona
11. Danza de arquiños
12. Danza de castañolas
13. Danza de cintas
14. Danza de palitroques
15. Encantos galaicos

Más info

Este disco céntrase en diversas composicións para banda de música cun claro sabor festivo e popular. Pasodobres, alboradas, xotas e diversas danzas de raíz popular adaptanse para unha gran banda de música, esta vez interpretadas pola Banda Municipal de Música da Coruña baixo as ordes do mestre Indalecio Fernández Groba, este último apelido vinculado dende hai anos a música galega, e tamén á  vila pontevedresa de Ponteareas, en concreto á localidade de Guláns, onde tanto o director como o compositor Roxelio Groba naceron e se formaron inicialmente como músicos e directores.

Este CD, décimo da colección, está conformado por composicións dos xa citados, Indalecio Fernández Groba e Roxelio Groba, e outras pezas creadas por autores galegos e procedentes doutros lugares da xeografía española como Gustavo Freire, Luís Brage, Henrique Saavedra ( director da banda de musica do navío da Armada Española Juan Sebastián El Cano), Víctor Ureña ( orxinario do País Vasco)  e Benito de las Cuevas ( orixinario de Villalón de Campos, en Valladolid).