Loading... (0%)


“Música Medieval”

17 Agosto 2014
1308131657-MUSICA CLASICA VOL 1

Fecha de publicación:
01/01/2003

MUSICA CLÁSICA GALEGA VOL. 1

1. Gratulantes
2. Ecce adest nunc Iacobus
3. Rex inmense (Kyrie)
4. Gloria in excelsis
5. Collecta
6. Lectio
7. Misit Herodes rex (Gradual)
8. Vocavit Iesus (Aleluya)
9. Evangelio
10. Iacobe Sancte
11. Secreta
12. Prefacio
13. Sanctus
14. Agnus Dei
15. Ego vos elegi (Communio)
16. Postcommunio
17. Congaudeant catholici
18. Ad honoren (himno)
19. Dum paterfamilias (himno)
20. O venerande (Antifona con salmo)
21. Psallat chorus (himno)
22. Annua gaudia

Más info

A agrupación vocal Schola Gregoriana Hispana, fundada no 1984 polo burgalés Francisco Javier Lara, o seu actual director, que especialízase no  canto mozárabe, gregoriano e a polifonía, é a responsable desta gravación realizada en maio de 2003 no Seminario de Serra Nevada (Granada).

O repertorio rexistrado neste primeiro volume pertence ao actualmente extraviado e célebre Códice Calixtino (s.XII) do cal a copia máis completa e probablemente orixinal, conservouse, até o seu roubo aínda non clarexado, no 2011, no arquivo da Catedral de Santiago de Compostela.

Se ben a súa redacción se atribúe ao papa Calixto II (1119-1124) seica se pensa ca idea orixinal debeuse ao bispo Diego Xélmírez, en torno ao ano 1120. Moi probablemente este códice escribiuse en Vezélay (Francia).

O Códice Calixtino, que conta con cinco libros diferenciados, recolle nas súas páxinas sermóns, oracións, milagres asociados a Santiago, relatos do traslado do corpo do apóstolo desde Palestina a Galicia, distintas actividades do emperador Carlomagno en España, unha Bula do papa Calixto II e unha guía da peregrinación a Compostela -a primeira que se conserva- na que se describen catro rutas por España desde Francia.

Estritamente, esta gravación ofrece una reconstrución dunha misa baseada na “Farsa Oficcii Misse S. Iacobi a domno Fulberto Karnotensi episcopo, illustre viro, composita” que se cantaba nas dúas festas importantes do apóstolo Santiago: o 25 de xullo e o 30 de decembro. Trátase de melodías frescas, con respostas en forma de vocalizacións que indican podería tratarse de celebracións dialogadas, vivas e de participación colectiva, propias da liturxia hispánica.

Agás das distintas partes desta misa se engaden ao final tres pezas significativas do Códice adscritas aos cantos de peregrinación compostelá, entre eles, o celebérrimo Dum Paterfamilias, himno centenario dos romeiros que seguen a estela da Vía Láctea.

Este primeiro volume da colección Música Clásica Galega conta cun amplo libriño explicativo con anotacións escritas polo propio director da Schola Gregoriana Hispana, o musicólogo e profesor Francisco Javier Lara,  no que se detallan tódolos datos concernentes ao Códice, a súa procedencia, tipo de notación, os criterios de transcrición que se teñen seguido e as distintas composicións que abarca, agás dunha nota na que se aclara a permanencia dos sons dos paxaros durante a interpretación destes cantos sacros  milenarios.