Loading... (0%)


“Música de Cámara”

17 Agosto 2014
1308138259-CAMARA

Fecha de publicación:
01/09/2003

COMPRAR

APPLE-ico cart-ico spotify-ico

MUSICA CLÁSICA GALEGA VOL. 9

1. Sonata opus 37 allegro con brio
2. Sonata opus 37 adagio
3. Sonata opus 37 allegro moderato
4. Romanza
5. Guajira (danza cubana
6. Habanera
7. Jota
8. Alborada
9. Danza argentina
10. Guajira

Más info

Este noveno volume da colección Música Clásica Galega está integramente dedicado á música de cámara escrita para violín e piano por dous compositores e instrumentistas de sona internacional.

O primeiro deles foi Andrés Gaos, nacido na Coruña en 1874, e que pronto converteuse nun neno prodixio, ofrecéndoo seu primeiro concerto con 10 anos.

A súa vida profesional como concertista comezou con 18 anos e viviuna case toda fora de Galicia, entre Montevideo, Arxentina e Francia. En 1935 abandonou os escenarios para dedicarse á ensinanza musical ata a súa morte, acaecida en Mar de Prata en marzo de 1935. De Gaos foron interpretadas dúas composicións de cámara seleccionadas entre as 60 obras que escribiu: a Sonata en si menor op. 37 e unha Romanza para violín e piano acompañante.

Manuel Quiroga, músico precoz nacido en Pontevedra en 1892, pronto se convertería en concertista de violín de sona internacional en toda Europa e Norteamérica, moitas veces acompañado do tamén célebre pianista José Iturbi, ata que un fatal accidente de automóbil ocorrido en Nova York o incapacitase para tocar ata a seu pasamento, que tivo lugar en Pontevedra en 1961.

De Quiroga se seleccionaron 6 composicións inspiradas no folclore e nos ritmos hispanoamericanos (Guajira, Habanera, Xota, Alborada e Danza Arxentina) de gran brillantez e encanto melódico.

Estas composicións foron interpretadas por dous xoves músicos virtuosos de orixe ruso residentes en Galicia: a extraordinaria pianista Marianna Prjevalskaya ( www.prjevalskaya.com ) e o magnífico violinista Eugeny Moryatov, que contan con numerosos premios, premios que seguen cosechando nos distintos seminarios e clases maxistrais aos que son invitados.

Música de Cámara conta cun libriño explicativo escrito polo musicólogo Don Xosé López-Calo ilustrado con fotografías e caricaturas de ámbolos dous compositores.