Loading... (0%)


“Mestres das Catedráis Galegas”

17 Agosto 2014
1308132630-MESTRES DAS CATEDRAIS

Fecha de publicación:
01/03/2003

MUSICA CLÁSICA GALEGA VOL. 3

1. Introito
2. Kyrie
3. Secuencia
4. Ofertorio
5. Sanctus
6. Agnus dei
7. Comunion
8. Nisi dominus
9. Magnificat

Más info

Nesta gravación se recollen tres exemplos das músicas relixiosas xurdidas nas catedrais galegas de Santiago de Compostela, Mondoñedo e Lugo, tres dun total de cinco centros sacros que integran o ámbito diocesano galego (Tui e Ourense son as outras dúas).

Estes tres exemplos corresponden aos autores Melchor López, Antonio Ventura Roel del Río e Juan Montes, respectivamente. Os tres compositores abranguen períodos estilísticos musicais comprendidos entre os séculos XVIII e XIX: o Réquiem de Melchor López é unha obra sinfónico coral de estilo plenamente clásico; o Nisi Dominus de Roel del Río é unha composición para voces e violíns solistas acompañados dun continuo, de estilo tardo barroco ou preclásico; pra rematar, o Magnificade Montes circunscríbese ao estilo litúrxico solemne propio do século XIX.

Estas tres obras están interpretadas pola Orquestra de Cámara da Sinfónica de Galicia e o seu concertino Massimo Spadano, o Orfeón Terra a Nosa e os solistas Isabel Álvarez (soprano), Miro Moreira (contratenor), Xerardo López Gámez (tenor) e Jordi Ricart (barítono), todos baixo a dirección do mestre Xoám Trillo.

Ovolume Mestres das Catedrais Galegas conta cun profuso e interesante libreto elaborado polo musicólogo e director da colección, Don Xosé López–Calo, en galego, castelán e inglés ademais dos textos latinos de cada composición.