Loading... (0%)


“Melchor López. Misa solemne Unus Deus”

17 Agosto 2014
1308133891-UNUS

Fecha de publicación:
01/04/2003

COMPRAR

APPLE-ico cart-ico spotify-ico

MUSICA CLÁSICA GALEGA VOL. 4

1. Kyrie
2. Et in terra
3. Gratias
4. Qui tollis
5. Quoniam
6. Cum sancto spiritu
7. Credo
8. Sanctus
9. Agnus dei

Más info

Grazas ao traballo de busca e catalogación do eminente musicólogo Don Xosé López-Calo, director da Colección Música Clásica Galega que editou no seu día BOA MÚSICA – FOL MÚSICA, temos a oportunidade de escoitar unha das obras máis importantes do mellor representante do clasicismo musical de Galicia, e quizás, o máis destacado de España.

Trátase da Misa Solemne “Unus Deus” de Melchor López Ximénez, compositor nacido en Hueva (Guadalaxara, España) en 1759 e finado en Santiago de Compostela en 1822. Tendo como influenza fundamental a música de Haydn, moi evidente na obra sacra que conten este CD, este músico manchego recibiu tamén influenzas da música italiana e da tradición española contemporáneas ao seu periplo vital.

Foi nomeado Mestre de Capela da Catedral Compostelá en 1784 e dende entón non abandonou Galicia excepto en dous ocasións debido o pasamento de dous dos seus familiares. De enorme laboriosidade e capacidade de traballo, Melchor López escribiu case 1000 composicións e deixou 18 grosos volumes con partituras autógrafas, entre elas gran cantidade de panxoliñas, que aínda se conservan.

Case toda a súa obra é para orquestra e dobre coro, formacións que nesta ocasión están personificadas pola Real Filarmonía de Galicia e o coro galego Orfeón Terra a Nosa, fundado no 1966 por o franciscano Manuel Feijoo. Todos eles foron dirixidos por Antoni Ros Marbá, batuta titular da agrupación orquestral galega.

Entre os solistas principais desta interesante obra musical relixiosa, que sorprenderá a máis de un pola súa calidade creativa e a súa perfecta adecuación ao estilo e á época na que foi redactada, está o contratenor Miro Moreira, a soprano Nuria Rial, o tenor californiano Mark Tevis e o barítono Gabriel Pérez-Bermúdez.

Sen dubida algunha, unha gravación de referencia para un compositor que está por recuperar e revalorizar, e que ofrecerá moitas sorpresas no futuro.