Loading... (0%)


“Luas de outubro e agosto”

07 Outubro 2014
Guadi Galego

Artista: Guadi Galego

Fecha de publicación:
04/11/2014

Formato:
CD

COMPRAR

APPLE-ico cart-ico spotify-ico

“Luas de Outobro e Agosto”

1. Mergullei
2. Curso de un Río
3. Pernoctei
4. Chea de Vida
5. Aromas de Terra
6. Sentir
7. Ramo
8. Norte do Norte
9. Matriarcas
10. O Muro

Guadi Galego, unha das artistas máis relevantes da escena musical de Galicia, presenta “Lúas de outubro e agosto” o seu segundo traballo como solista tras o álbum Benzón, que se publicou en 2009.

Más info

A traxectoria musical de Guadi Galego é moi intensa e rica, foi voz principal e gaiteira do grupo Berrogu?etto, tamén formou parte como intérprete e compositora dos interesantes proxectos colectivos: Nordestinas, Espido e aCadaCanto.

Guadi Galego preséntase agora cun son e unha expresión artística máis madura e tambien máis atrevida, máis melódica pero á vez, máis arriscada. “Lúas de outubro e agosto” contén fermosas cancións cun nexo común, a natureza das composicións, a esencia do vivido e madurado, a emoción e a intensidade, a delicadeza e o risco. Todo un exercicio de inspiración para encontrar vías non exploradas e propoñer unha música chea de sinceridade que sen dúbida vai sorprender.

“Lúas de Outubro e agosto” gravouse en xuño de 2014 nos estudos Alis Records de Baeza coa produción musical a cargo de Pachi Alis, o mago que soubo entender a Guadi e conseguir un resultado sofisticado e sorprendente. Conta coas colaboracións de Santi Cribeiro ao acordeón e Pablo Pascual tocando clarinetes.

“Lúas de Outubro e Agosto” preséntase nun orixinal digipack de edición limitada con faixa acuñada e libreto de 16 páxinas.