Loading... (0%)


“Co xenio destrozado”

07 Outubro 2014
SES_portada_disco

Artista: Ses

Fecha de publicación:
20/06/2013

Formato:
CD

COMPRAR

APPLE-ico cart-ico spotify-ico

Co xenio destrozado

1. Sweetest Girl
2. Canto Aquí, Canto na Habana
3. Milonga de Aquí
4. The Air I Breathe
5. Protect Me
6. Eternal
7. A Day In the Life
8. Follow Ink
9. Who (feat. Omen Wolfg..
10. God’s Hands

Co xenio destrozado é un traballo feito con orgullo identitario, frescura e vitalidade, que pretende concentrar nunha presa de cancións viscerais e paixonais a potencia do directo.

Máis info

Temas de cantautora vestidos de blues, rock e sons do continente hispanoamericano.

Gravado nos estudios BRUAR, da Coruña, e producido por MARÍA XOSÉ SILVAR, a propia  SÉS,  neste traballo conta cos seus músicos habituais nos directos: Tito Calviño (guitarra), Marcos Pazo (batería) e Fran Sanz (baixo).

Formada na música e no baile tradicional, Sés é profesora e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social. En 2007 crea xunto a tres amigos a banda Chámalle Xis!, un dos grupos revelación daquel ano e un dos gañadores do concurso A Coruña Son, apadriñado por Santiago Auserón.

Logo de colaborar con grupos coma Zënzar ou Xabier Díaz, publica no 2011

Admirando a condición’, o primeiro disco de Sés (o nome «caseiro» de María Xosé Silvar), un proxecto 100% en galego e 100% en feminino.

O que din de SÉS:

UXÍA SENLLE :
“-Sés é unha ‘crack’… letras, actitude, melodía e boa onda.”

UGÍA PEDREIRA (Marful):
“-¡Canta falta facías, Sés!”

VITUCO NEIRA (Planeta Furancho):
“-Sés é a muller furacán. A súa música é corazón. Música que latexa e fai latexar. En ‘Admirando a condición’ María crávanos os ollos e aloumíñanos os ouvidos”.

PEPE CUNHA (Ábrete de Orellas):

“-Xa tardaba a escena pop-rock galega en contar cunha figura feminina, compositora e intérprete, como a de María Xosé Silvar. As cancións do disco rebordan personalidade, forza, carisma e un notable eclecticismo musical: rythm&blues, swing, soul, ritmos populares latinoamericanos ou mesmo country. Desde xa, podemos falar de Sés como unha artista nova, pero referencial.

KIKO NOVOA (Radio Galega):
“-Sés é a cantante de moda”