Loading... (0%)


“Cantigas do Camiño”

23 Setembro 2014
Cantigas do camino

Fecha de publicación: 24/10/2010

Formato: CD

COMPRAR

APPLE-ico cart-ico spotify-ico

Cantigas do Camiño

1. SUSANA SEIVANE “Camiño Longo”
2. FALTRIQUEIRA “Ultreia (et suseia)”
3. GUADI GALEGO & VAAMONDE, LAMAS E ROMERO “Dum Pater Familias”
4. UXÍA “A Casa da Xente”
5. LEILÍA “1000 Camiños”
6. LUAR NA LUBRE “Romance de Don Gaiferos”
7. SONDESEU “Amence no Camiño – Alborada de Pontecaldelas”
8. FUXAN OS VENTOS “Camiño de Romaría”
9. TREIXADURA “Foliada de Santiago”
10. MILLADOIRO “O Camiño”
11. BONOVO “A Ruta Esquecida”
12. EMILIO RÚA “Crenzas”
13. BERROGÜETTO “Indosesta”

Cantigas do Camiño é un proxecto colectivo que foi posible grazas á colaboración, ilusión e esforzo, en primeiro lugar, dos artistas que teñen creado, composto e gravado cada canción especialmente para este disco; tamén de todos os profesionais, fotógrafos, ilustradores, técnicos e enxeñeiros de son que participaron nas gravacións.

Máis info

Os artistas participantes neste disco son unha magnífica representación da música de Galicia,  unha música única no mundo, con personalidade e son de seu. Esta visión da música do Camiño de Santiago é herdeira de centos de anos de tradición musical, pero tamén é unha proposta persoal e contemporánea.

En cada canción hai unha busca creativa complexa, necesaria para compoñer unha obra inspirada e relacionada co Camiño de Santiago.

Estas cancións son a nosa tradición viva, chea de enerxía creativa. Deleitémonos co Camiño de Santiago escoitando esta fermosa música.