Loading... (0%)


“A Canción Galega”

20 Xullo 2014
ACANCION

Fecha de publicación:
01/05/2003

COMPRAR

APPLE-ico cart-ico spotify-ico

A canción Galega

1. Non te quero por bonita
2. Non me mires deste modo
3. Adios, meu meniño, adios
4. Un sospiro
5. Doce sono
6. Lonxe d´a terriña
7. Negra sombra
8. Malenconia
9. Rosa de abril
10. Un adios a mariquiña
11. Os teus ollos
12. Una noite nà eira do trigo
13. Tangaraños
14. ¿como foy?
15. Mayo longo
16. Cava lixeiro
17. Meus amores

Más info

Este quinto volume da colección Música Clásica Galega ofrece unha abundante mostra de cancións escritas por compositores galegos de sona recoñecida como Marcial de Adalid, Juan Montes, Andrés Gaos, Canuto Xosé Berea, José Castro “Chané”, José Baldomir ou Enrique Lens Vieira. A interpretación destas obras foi realizada pola destacada soprano Ángeles Blancas, nacida en Múnic e de ascendencia galega, posto que é filla da célebre soprano Ángeles Gulín, orixinaria de Ribadavia.  Ao piano estivo Miguel Zanetti, un dos intérpretes máis afamados do noso país e un dos mellores acompañantes das grandes voces dos escenarios internacionais como  foi o caso de Victoria de los Ángeles, Teresa Berganza, Pilar Lorengar, Montserrat Caballé, Nicolai Gedda, Alfredo Kraus ou Elisabeth Schwarzkopf . Os 17 temas graváronse en setembro de 2001 no Auditorio de Galicia ( Santiago de Compostela). O disco contén un extenso libreto informativo, con fotografías e biografía dos intérpretes, en galego, castelán e inglés, agás das eruditas e interesantes anotacións do musicólogo Xosé López- Calo, director da colección.