Fol
  • Fol en You Tube
  • Fol en Facebook
  • Fol en Spotify
  • Fol en iTunes
  • RSS de Fol
Boletín
Artistas / Talabarte / Discografia

Talabarte

Talabarte

20/06/2011

CD
Mércao en
Talabarte
  • 1. Tres Golpes
  • 2. Pasacorredoiras Gorentoso
  • 3. Vísteme Amodo Que Teño Presa
  • 4. Sara
  • 5. Santiagreb
  • 6. Arbore-Struga
  • 7. Vl´à L´printemps
  • 8. Vl´à L´printemps
  • 9. Ghoteando
  • 10. Abaníqueme
  • 11. Fendendo Achas
  • 12. O Garotinho De Nebra
  • 13. Le Route Des Avaloirs
  • 14. Arrandiando

TALABARTE é un novo concepto de formación en Galicia, estritamente acústico e baseado na música tradicional contemporánea.

Neste proxecto únense tres músicos veteranos e indispensables dentro da escena musical galega: o violín de Quim Farinha (Berrogüetto) , o acordeón diatónico de Pedro Pascual (Marful)e o contrabaixo de Kin García (Susana Seivane).

+ info

Este é o seu primeiro álbum, un traballo que respira frescura, de factura impecable, cheo de matices e de arranxos imaxinativos. O conxunto aporta un novo son que os diferenza e os identifica, o son propio de Talabarte no que destaca o virtuosismo dos músicos e a elegancia musical.

Xuntos propoñen unha viaxe a través das músicas populares de Galicia e doutras latitudes. O repertorio complétase con composicións propias, todo aliñado con distintos enfoques estéticos que van desde a linguaxe do jazz e do folk, pasando polo tango, ata a tradición musical máis europea.

Contemporaneidade e tradición, xuntas, nun concerto diferente, sen deixar de mover os pés nin de ser indiferentes aos sentidos.

¡Escoita a Talabarte, escoita boa música!

Boa
Copyright © Boa Publising S.L. All rights reserved