Fol
  • Fol en You Tube
  • Fol en Facebook
  • Fol en Spotify
  • Fol en iTunes
  • RSS de Fol
Boletín
Artistas / Os Cempes / Discografia

Os Cempes

Tentemozo

29/05/2012

CD
Mércao en
Tentemozo
  • 1. Mirandesa
  • 2. Pasodoble da Illa
  • 3. Pasodoble Lugo-Ferrol
  • 4. Muiñeiras de Agra
  • 5. Encima de Mel Filloas
  • 6. Mazurca de Paco de Escornaboi
  • 7. Polcas de Luis e de Secundino
  • 8. Muiñeiras da Noite
  • 9. Mañá
  • 10. Alalá da Illa
  • 11. O Relo e o Lelo
  • 12. 1904

OS CEMPÉS voltan aos escenarios cun novo álbum para celebrar os 20 anos que pasaron dende o seu primeiro concerto oficial.

A banda se reinventa de novo con TENTEMOZO, nunha nova gravación na que participan máis de 50 artistas entre músicos, técnicos e creativos.

TENTEMOZO é o quinto álbum desta banda das terras do Ferrol, e ó mesmo que aconteceu cos seus discos anteriores, neste Os Cempés atopan novos camiños sonoros e recrean con novos timbres o seu propio son característico e único. 

Este álbum é posíbel grazas o financiamento de 740 seguidores e amigos incondicionais da banda. Cada un deles está nomeado no libreto do álbum. 

O repertorio é unha selección de músicas para bailar, as máis fermosas coplas e as mellores melodías do cancioneiro popular, arranxadas polo propio grupo agás novas composicións. A dirección artística e coordinación xeral foi de  Oscar Fernández.

O son de TENTEMOZO é unha exaltación do carácter acústico dos instrumentos populares, nunha sucesión de temas con arranxos que van dende o máis íntimo ao máis orquestrado, todos eles rexistrados do xeito máis fidedigno posible, sempre baixo a mestría e implicación no proxecto de Tomás Ageitos, técnico e gurú do Estudio A Ponte, en Compostela.

Música  da Terra para comezar unha revolución, e tamén para namorar, para bailar sen parar toda a noite, para rir, para sentir sensacións de  tempos pasados ou como banda sonora dos presentes.

Os Cempés son:

Antón Varela:                       Gaitas

Serxio Ces:                          Voz, bombo, pandeireta e asubío

Ramón Dopico:                    Percusións

Pablo da Lama:                   Saxos e clarinete

Fernando Barroso:            Bouzouki

Oscar Fernández:             Zanfona e Voz

 

Os convidados especiais nesta gravación son: As Mozas e Mozos da Escola Livre da Musica Popular Galega (ELMPG) e os amigos colaboradores de luxo: Begoña Lorenzo, Carlos Quintá, José Díaz, Pablo Doval, Benxa Otero, Iván García, Uxía Muiño, Luis Peixoto, Tiago Pereira, Martín e Miguel Sanjurjo.

+ info

 

 

Circo Montecuruto

05/10/2000


Mércao en
Circo Montecuruto
  • 1. Circo Montecuruto
  • 2. Sara Sariña
  • 3. A Micaela
  • 4. A Mazurca De Prieto
  • 5. Pasodoble Municipal
  • 6. Jota Das Fontes
  • 7. Con El Vino Sano Yo
  • 8. Mazurca De Filispin
  • 9. A Cabra
  • 10. Febreiro 98
  • 11. Portosiña & Pontebora
  • 12. 1 De Xuño En Cedeira

Este traballo, terceiro da discografía dos Cempés, propón unha forma innovadora de entende-la música tradicional sen perde-lo carácter popular e fresco dos discos anteriores.

+ info

Aborda con seguridade e bo gusto harmonías moito máis elaboradas, composicións propias e arranxos tradicionais ben resoltos. A incorporación de novos instrumentos enriquece e define a ambición musical dun disco para o que contaron coa colaboración dalgúns dos seus amigos:

Baldo Martínez(contrabaixo e baixo eléctrico), Carlos Beceiro (bouzouki), Uxía Pedreira (voz), Pancho Álvarez (mandolina e bouzouki), Quico Comesaña (arpa), Guillermo Fernández (guitarra), Xabier Díaz (percusión tradicional), Nanda Kunmar (táboa e doleak), Álvaro Lamas (steel guitar), grupo Zaragallada (coros), e Juan Antonio Cimarro (piano).

En tres das cancións participou o grupo "Metales Preciosos" (saxo, trombón e trompeta) e, como guinda, unha composición de Oscar Fernández Sanjurjo, orquestrada por Nani García e interpretada por unha pequena sección de corda de tres violíns, dúas violas e un violoncello.  Producido por Francisco Gude e Oscar Fernández Sanjurjo, o disco gravouse nos estudios Bruar da Coruña, Casa de Tolos en Vigo e Trak en Madrid.

A concepción gráfica, a escenografía, o vestiario e o deseño gráfico foron obra do ilustrador P.Pastor, quen elaborou unha imaxe evocadora que nos transporta aos circos históricos dos anos corenta, onde a pequena orquestra circense se mestura con trapecistas, comedores de lume ou equilibristas, nun ambiente máxico e colorido. Montserrat Velando foi a fotógrafa que fixou tan sorprendentes imaxes.

Os Cempésson un grupo para gozar en vivo, para bailar e para se divertir. Os Cempésxurdiron para facer bailar e divertirse e no Circo Montecuruto demostran todo o seu potencial.Os Cempésson: Oscar Fernández Sanjurjo (acordeón, zanfona e voz), Antón Varela (gaitas e clarinete), Toni do Jaz (batería e percusión), Serxo Cés (pandeireta, saxo soprano e voz).

Capitan Re

25/04/1997


Mércao en
Capitan Re
  • 1. Danza Do Rosal / Pasodoble De Seivane
  • 2. Muñeira De 8000
  • 3. Jota De Francisco Paradela
  • 4. A Loureana
  • 5. Pasodoble De Sergio Sánchez
  • 6. Canto De Berce Dos Ces
  • 7. Os Bandallos
  • 8. Rastreada / Polca De San Roman
  • 9. Capitan Re
  • 10. Xota Dos Panxolos
  • 11. La Sansonette
  • 12. Hei Carballeira

Capitán R

Opa iii!

08/07/1996


Mércao en
Opa iii!
  • 1. Vals a mari / vals e rumba de vergara
  • 2. Alborada / polca para erica
  • 3. Xotas de acevedo
  • 4. Chao paulino
  • 5. Mazurcas
  • 6. Opa iii
  • 7. Foliada de monforte
  • 8. En biduane / o caiño
  • 9. Recelle
  • 10. Farruquiña chaman a porta

Opa iii!

Boa
Copyright © Boa Publising S.L. All rights reserved