Fol
  • Fol en You Tube
  • Fol en Facebook
  • Fol en Spotify
  • Fol en iTunes
  • RSS de Fol
Boletín
Artistas / Mercedes Peón / Biografia

Mercedes Peón

Probablemente a compositora galega con máis proxección internacional. Despois de profundizar na tradición galega durante máis de 15 anos, no 2000 gravou o seu primeiro álbum “Isué”. O ton deste disco de debut foi tan enérxico e forte que se converteu na súa propria marca.  Peón mesturou maxistralmente a tradición de gaitas e percusión coa súa poderosa voz como ninguén o fixera antes. Deixando un espazo natural para as guitarras e a electrónica.

Nos seus traballos Ajrú en 2004 e Sihá en 2007 – creou na súa particular atmosfera creativa, unha combinación entre a tradición galega, a electrónica e o rock como se fose o xeito máis natural de se atoparen estilos tan dispares, facendo diso, o seu signo distintivo dentro e fóra das nosas fronteiras.

Boa
Copyright © Boa Publising S.L. All rights reserved