É o cuarto disco de Mercedes e un punto de inflexión na súa carreira. Cos seus tres discos anteriores, conseguiu situarse como unha das artistas máis interesantes da escena World Music a nivel Europeo, conseguindo premios nacionais e internacionais tan relevantes como o que outorga o World Music Forum ou a revista FolkWorld.
Foi nomeada nos BBC AWARDS, Premio Nacional de Cultura Galega do ano, etc… e este ano foi seleccionada polo esixente comité do Womex para realizar un showcase na próxima edición de Outubro 2010.
Co seu novo traballo Mercedes dá un paso máis alá como compositora, produtora e cantante e traspasa as fronteiras da música etiquetada como World Music para chegar moito máis lonxe.
A súa música pode ter cabida en Festivais como Sónar, Coachella ou Boom Festival ou en eventos como Burning Man ou Snowbombing…
Un sofisticado concepto que sorprende, impacta e ao mesmo tempo acariña. Intensidade sonora xamais agresiva, mensaxes poderosas, elevadas e crítica social, pensamento positivo, construtivo. Unha busca persoal que resulta universal.
…---… SÓS: é unha chamada de auxilio no código Morse que aínda se utiliza en Altamar e tamén significa SOLOS, música que xorde dunha emoción, dun sentimento, dunha reivindicación. Da necesidade de compartir. Con todos os matices, sen pudor… A electrónica tratada coma acústico e o acústico, coma electrónica. Sós e caóticamente entrelazados …---…
Mercedes Peón, máxica.
Probablemente a compositora galega con máis proxección internacional. Despois de profundizar na tradición galega durante máis de 15 anos, no 2000 gravou o seu primeiro álbum “Isué”. O ton deste disco de debut foi tan enérxico e forte que se converteu na súa propria marca. Peón mesturou maxistralmente a tradición de gaitas e percusión coa súa poderosa voz como ninguén o fixera antes. Deixando un espazo natural para as guitarras e a electrónica.
Nos seus traballos Ajrú en 2004 e Sihá en 2007 – creou na súa particular atmosfera creativa, unha combinación entre a tradición galega, a electrónica e o rock como se fose o xeito máis natural de se atoparen estilos tan dispares, facendo diso, o seu signo distintivo dentro e fóra das nosas fronteiras.
Con …---…SÓS, Mercedes confírmase como unha artista global na vangarda da creación artística