Loading... (0%)


Xistra de Coruxo

17 Setembro 2014
XISTRA DE CORUXO

Fecha de publicación:
12/05/2098

Formato:
CD

COMPRAR

APPLE-ico cart-ico spotify-ico youtube-ico

1. Treboada (Marcha Procesional)
2. Pasar Por Coruxo
3. Jota De Vilar
4. Polca De Casal
5. Muiñeira De Coruxo
6. Soledá
7. Rumba Dos Teixughos
8. Jota De Fontenla
9. Polca
10. Melero
11. Foliada De Tenorio
12. Pandereitada
13. Vals De Taramundi
14. A La Vera De Bolin
15. Mazurca Dos Trabazos
16. Fose De Torroña
17. Treboada (Marcha Procesional)

Foi en Marzo de 1.988, cando XISTRA DE CORUXO realiza a súa primeira aparición en público acompañando ó grupo de bailes tradicionais do Etnográfico “A Buxaina”; acompaña-mento que aínda hoxe perdura a través dalgún dos seus compoñentes e alumnos. A súa evolu-ción e traxectoria musical resúmese nos catro subtítulos que sempre acompañaron ó seu nome
Época do quinteto : dúas gaitas e percusións que acompañaban ó baile e ás veces actuaba pola súa conta interpretando pezas e melodías aprendidas polas aldeas de Galicia; sendo esta a característica máis salientable do grupo e que aínda hoxe en día conserva e prevalece sobor de calquera outra. Muiñeiras, Jotas, pasacorredoiras, marchiñas de reis, etc … formaban o repertorio.

Canto máis se aprendía dos vellos gaiteiros galegos máis se precisaba a inclusión de novos instrumentos que aínda que non son tradicionalmente galegos tamén foran empregados por aqueles nos seu tempos: frautín, clarinete, platillos … para interpretar melodías que xa ás veces non pertencían ó Cancioneiro Tradicional Galego. É aquí cando o grupo decide independizarse totalmente.
Do quinteto pásase ó sexteto e de ser seis a ser oito compoñentes coa inclusión do acordeón. Había que ocupa-lo oco existente na música do noso país deixado atrás polos grupos folk que paseniñamente ían abandoando as percusións e as melodías propias de Galicia.

Tomando coma referencia á fertil existencia de gaiteiros no Sur da Provincia de Pontevedra que formaron no seu entón grupos de gaitas e murgas, XISTRA DE CORUXO, decide basa-lo seu novo repertorio en ritmos e aires procedentes doutros pobos foráneos e que entraron na nosa comunidade a finais do século XIX e a principios do XX. Ritmos que foran asimilados e popularizados polos nosos devanceiros: rumbas, sambas, mazurcas, polcas, etc … XISTRA DE CORUXO segue sen abandoa-las muiñeiras, jotas e demáis que tamén tocaban aqueles gaiteiros.

Aparece entón a oportunidade ofrecida por Edicións do Cumio S.A. de perpetua-lo traballo coa grabación do primeiro disco: “Se beillas arrente, coidado cos terróns”

Debido á boa aceptación do primeiro traballo discográfico, o número de actuacións aumenta, coñécense outros grupos de diferentes procedencias e niveis musicais. Intensifícanse as visitas ó rural galego na percura de máis repertorio. Aparecen as primeiras viaxes a Europa e intercambios musicais. Todo elo provoca novas inquedanzas e gañas de plasmar esas vivencias. Xurde, entón, o dilema da evolución musical: ¿seguir coa música popular ou reconvertirse plenamente á nova moda do folk?.

Afortunadamente XISTRA DE CORUXO segue apostando polo que os seus membros aprenderon e aprenden naquelas vilas e aldeas actualizando melodías e así ata conquerir un xeito propio de interpretar e un son personalizado que o caracteriza dentro do eido músico-tradicional galego, popularizando e adaptando ó galego canta música entra dentro dos parámetros marcados polo propio grupo. Froito de todo elo, e da man de Edicións do Fol S.L., aparece o segundo traballo discográfico baixo o título de “Adicado …”

Neste ano 1.997, ademáis da edición do xa mencionado segundo traballo discográfico, XISTRA DE CORUXO ven de participar na grabación doutros traballos a nivel mundial: un C.D. compartido con 17 grupos e intérpretes solistas de diferentes paises, que baixo o título de “Chants de Marins en Fête” foi grabado no mes de Agosto en Paimpol (Bretaña) e producido pola prestixiosa “Le Chasse-Marée”; e outro realizado en Balingen (Alemania) con motivo da “Sackpfeifen in Schwaben”, celebrado nos meses de Outubro e Novembro tamén compartindo con 15 intérpretes doutros tantos paises europeos con gaita. En ámbolos casos, XISTRA DE CORUXO foi o único grupo que representa tanto a Galicia coma a España. A onde retornarían tres anos máis tarde para representar ó folclore da esfera denominada “celta”; quedando reflexada a súa participación nun novo C.D. editado a finais do ano 2.000.

Na República Musical de Xistralia danse biras galegos e muiñeiras portuguesas; gaitas de diferentes tonalidades misturadas con cavaquinhos e violas braguesas; os golpes de Treboadas cos dos Zes Pereiras; caldeiros de latón con castañetas, tréculas e triquilitraques; voces; acordeóns; clarinetes; … E así ata chegar a un total de 23 instrumentos diferentes que xa foran empregados noutros tempos polos músicos da “Xistralia Antiga”.

galicien panoxistra2 XISTRA DE CORUXO