Loading... (0%)


Susana Seivane

12 Setembro 2014
SUSANA SEIVANE M

Fecha de publicación:
09/07/2009

Formato:
CD

COMPRAR

APPLE-ico cart-ico spotify-ico youtube-ico

Os soños que volven

1. Foliada do Quinteiro
2. Maruxa
3. Dous Mares
4. Mazurcas das Rías Baixas
5. Que Dirán
6. Fox-Trot
7. Reviravolta
8. Para Milladoiro
9. A Moxenas
10. A Coruña
11. Foliada de Caión
12. Muiñeira do Graciano e A Fraga
13. Pernas “Pra riba”
14. Pasodoble de San Roque

Desde los 3 años en los que sus ojos azules vieron su primeira gaita, hasta los 20 del comienzo de su carrera como profesional, los sueños de Susana sempre tuvieron, y siguen teniendo, la música de su tierra como fondo.

Más info

Melodías y cantares de Galicia que, de un modo u otro, marcaron su vida y su crecimiento musical. Piezas a las que rinde homenaje en este trabajo desde la perspectiva de una larga experiencia avalada por la fuerza de sus directos de los últimos años.

Os soños que volvenes una mirada atrás sobre las huellas que la música gallega fue dejando en el alma de Susana Seivane. Las melodías, que dibujan los ecos de su infancia, surjen con toda la autenticidad de su voz y de su gaita, arropadas por arreglos divertidos, modernos y atrevidos, fruto de la producción musical de la propia Susana y de su banda.

El disco consta de 14 titulos que sugieren momentos y lugares de especial trascendencia  en su vida. La mayoría de los temas son mezclas de piezas tradicionales, aunque tambien queda sitio para una canción de Carlos Justo, otra de Julio Amado, y una lembranza a Nazario González “Moxenas”, tres grandes compositores de obras con verdadero sabor galego.

Os soños que volvenve la luz xusto 10 años despues de la gravación de su primer disco “Susana Seivane”. Desde entonces “Alma de Buxo” e “Mares de Tempo”  fueron revelando la evolución artística de Susana que nunca olvidó las melodías de su cuna. Aquella cuna de sus primeros sueños que hoy nos cuenta como solo ella sabe hacer: con sus gaitas y su dulce voz.

Susana Seivane Mares de Tempo

Fecha de publicación:
24/06/2003

Formato:
CD

COMPRAR

APPLE-ico cart-ico spotify-ico youtube-ico

Mares de Tempo

1. Retrato De Fiona.
2. Andoriña Mariñeira.

3. O Segredo.

4. Olla Como Se Peneira.

5. Começo Do Verâo – Polca Do Ulla.

6. Muiñeira De Alén.
7. Xota De Vilabol.
8. Xota De Liñares.
9. Mazurca De Comptoir.
10. Tempo De Pensar.
11. Doce Dias.
12. Miña Virxe, Meu Amor.
13. Pista Extra: NAMORÁNDOME.
 .
Sen esquecela actitude e o espírito dos seus dous anteriores traballos discográficos ( “Susana Seivane” e “Alma de Buxo”) e contando cos mesmos colaboradores que a teñen acompañado nos últimos anos e con outros novos, Susana ofrece en “Mares de Tempo” o resultado artístico e musical dunha traxectoria sen precedentes na música tradicional.

Más info

A súa intención primeira foi combinala interpretación da música popular con os parámetros da actualidade que envolven o fenómeno musical. “Mares de Tempo” avanza un pouco máis nesta primeira intención e afianza a voz dunha artista xa internacional.

Susana Seivane atrevese esta vez con cinco temas cantados dun total de doce cancións novas, sen contar cunha última composición, enmascarada:

-“Foi un proxecto que quixen facer cos meus músicos, os que me acompañan e con quen fun de xira ao longo destes dous anos derradeiros” –di Susana, para a continuación citar a cada un deles:

Brais Maceiras(acordeón) Xurxo Iglesias (bouzuki) Carlos Freire (percusións) Teresa Saias (batería). Se incorporan a banda dous novos fichaxes: Roberto Somoza (saxos e frauta) e Quique Alvarado (Baixo) que tamén colaboran nesta nova gravación.  Agás deles, en “Mares de Tempo” colaboran Carlos Castro (percusións), Xavier Cedrón (violín), e Xavier Gatañaduy (guitarras).

Especial colaboración foi a de Xavier Paxariño (frautas). Tamén se sumou a cantante e instrumentista Guadi Galego, compositora e acompañante nos coros dun dos temas. Outra colaboración de excepción foi a do Colectivo de Música Tradicional  Ruote da Coruña, intérpretes dunha nova versión de “Maneo”, peza pertencente ao primeiro disco de Susana.  No disco interveñen tamén o compositor e arpista Rodrigo Romaní (Milladoiro) e o percusionista da formación “Jarbanzo Negro”, Viascón, que fai unha execución cun instrumento insólito (unha serra) e coa súa trompeta.

Mares de Tempo” – segundo a propia responsable do proxecto- “Segue  a mesma liña dos anteriores traballos pero dáse un paso adiante, un paso ben dado e totalmente natural, unha evolución do disco anterior coa mesma instrumentación. A diferenza está nos arranxos dos temas que poden ser un pouco máis innovadores. Se seguen mantendo as composicións con percusión tradicional, e na fusión entre o contemporáneo e o tradicional é onde reside a innovación”.

Susana Seivanerealizou para o disco unha reportaxe fotográfica co prestixioso fotógrafo Xurxo Lobato (Premio  Ortega e  Gasset 2003)  que tivo lugar no Pazo de San Cibrán (Santiago de Compostela).

Como primicia de “Mares de Tempo” Susana ofreceu o seu primeiro concerto en París o 20 de marzo de 2004. Alí actuou ante 52.000 persoas dentro da convocatoria anual “Noite Celta de París”, cun éxito que foi recollido nas páxinas de diarios tan prestixiosos como Liberation e Ouest France.

Este espectáculo se presentou tamén en Nantes, sendo retransmitido por Radio France e pola Televisión Francesa. Mares de Tempo foi presentado asemade no Festival de Lorient (Bretaña francesa) e nuha xira internacional que incluíuEstados Unidos (Michigan), Eslovaquia ou Cambridge (UK).

Susana_Seivane-Alma_De_Buxo-Frontal

Fecha de publicación:
08/04/2001

Formato:
CD

COMPRAR

APPLE-ico cart-ico spotify-ico youtube-ico

Alma De Buxo

1. Vai De Polcas
2. A Farándula
3. Sainza-Riofrio
4. Roseiras De Abril
5. Xoaninha
6. Rumba Para Susi
7. Vals Bretón-Muiñeira Picada
8. Na Terra De Trasancos
9. Muiñeira De Alén
10. Ti E Mais Eu
11. Chao-Curuxeiras (Xose Manuel Seivane)
12. Chao Curuxeiras (Susana Seivane)
13. Marcha Procesional Dos Cinco De Galicia – Aturuxeira

“Alma de buxo” leva o nome da madeira coa que se elaboran os punteiros das gaitas despois dun lento e prolongado proceso de secado realizado no obradoiro da familia Seivane  instalado en Cambre (A Coruña).

Más info

Este proceso, que pode chegar a durar varios anos, iníciase co corte deste arbusto natural nunhas  fases da Lúa concretas.  Susana Seivane tamén se tomou o seu tempo na elaboración das composicións que conforman este segundo disco.

O produtor da primeira gravación, Rodrigo Romaní, un dos fundadores de Milladoiro, colabora novamente, aínda ca novidade principal é ca propia Susana se involucrou totalmente nesta produción, coa axuda de Brais Maceiras e Xurxo Iglesias, compoñentes da banda que acompaña á instrumentista.

Foron seis os músicos que participaron con Susana neste segundo álbum: Beto Niebla (percusións), Brais Maceiras (acordeón), Carlos Freire (batería), Iván Laxe (baixo eléctrico), Xavier Gastañaduy (guitarra acústica) e Xurxo Iglesias (bouzouki).

En “Alma de buxo” colaboraron tamén importantes figuras da música tradicional e o folk como Kepa Junquera, Uxía Senlle, Guadi Gallego, Uxía Pedreira (Chouteira) e o seu propio avó, Xosé Manuel Seivane, gaiteiro e luthier que gravou dúas pezas do seu repertorio.

SUSANA_Seivane_primerdisco

Fecha de publicación:
16/03/1999

Formato:
CD

COMPRAR

APPLE-ico cart-ico spotify-ico youtube-ico

Susana Seivane

1. Jotabe
2. Taramundi E Alen
3. Xota De Niñodaguia / Muiñeira Do Muiño De Piezas / Polca Para Erica
4. Pasacorredoiras De Ponteareas
5. Hálala De Vilalba
6. Sabeliña
7. Marcha Procesional Dos Mato
8. Fonsagrada
9. Xota Dos 28 Puntos
10. Maneo
11. A Cotula
12. O Saviñao-Pasodoble De Pousada
13. Tres Muiñeiras

En 1999 edita su primer disco “Susana Seivane” producido por Rodrigo Romaní, uno de los miembros fundadores de Milladoiro. Este trabajo, basado en temas tradicionales y composiciones de artistas gallegos, la lleva por los mejores escenarios de Folk nacional e internacional, consiguiendo grandes éxitos y loables críticas.

Más info

Su primer disco se edita entonces en Europa, EE.UU. y Canadá.

Artista galega membro da familia Seivane vinculada durante tres xeracións ao mundo da elaboración de instrumentos musicais tradicionais, fundamentalmente á construción de gaitas. O seu avó Xosé Seivane e o seu pai Álvaro Seivane, son luthiers especializados neste oficio.

As gaitas dos Seivane teñen fama internacional, e reciben encargos de países como Xapón ou Estados Unidos. Carlos Núñez, Bieito Romero (Luar Na Lubre ) ou Mike Oldfield, entre outros músicos célebres, tocan instrumentos da casa Seivane.

Susana comezou a súa aprendizaxe musical con tan só tres anos da man do seu pai, Álvaro Seivane, que por entón tiña un obradoiro de construción de instrumentos en Barcelona semellante ao que tiña tamén os eu avó Xosé en Riveira de Piquín (Lugo). Él lle ensinou a escala sobre o teclado e nun punteiro.Un ano máis tarde o avó e o pai lle confeccionaron á nena a súa primeira gaita, feita á medida pola pouca idade da rapaza.

Daquela xa entrou a formar parte da banda tradicional “Toxos e Xestas” da Cidade Condal. En 1986 trasladase a familia a Cambre (A Coruña). Esta excelente gaiteira e artesá comeza a ser requirida para participar en numerosos festivais ónde coincidirá con afamados gaiteiros que destacaron polo seu estilo e gusto, tal era o caso dos mestres Ricardo Portela e Nazario González “Moxenas” de quen recibiu influencia e  bos consellos.

Xa en Galicia Susana se integra na banda “Rexumeiros” de Elviña, que dirixía por entón Bieito Romero, líder de Luar Na Lubre. Con Bieito conseguiu afianzar e poñer selo o seu estilo. Susana foi madurando en actuacións como solista e compoñente de diversos grupos e bandas que lle foron aportando experiencia até chegar a unha excelente actuación que tivo lugar no verán do 1997 en Lugo. Alí compartiu escenario con Milladoiro ao ser artista invitada nun concerto retransmitido pola Televisión de Galicia.

Milladoiro significa para Susana Seivane a escola de toda unha xeración.  A calidade musical e profesional desta instrumentista están avaladas por este histórico grupo galego até o punto de que catro do seus membros participaron no seu primeiro disco homónimo no ano 1999,  Susana Seivane. A este lle seguiu Alma de Buxo (2001) e no ano 2004 editou Mares de Tempo. Estes tres discos foron editados no selo Fol Música (BOA).

Susana Seivane ten realizado xiras por toda Europa, especialmente nos países que contan con tradición celta (Irlanda, Gales, Escocia, Bretaña…). E unha artista invitada asiduamente aos festivais más importantes do mundo celta, como Lorient (Francia), Glasgow (UK), Ortigueira (Galicia) ou a tumultuosa Noite Celta de París.

Foi a primeira artista española que conseguiu ser portada da prestixiosa revista Folkroots, considerada a “biblia” do folk europeo.  Ten realizado xiras polos Estados Unidos actuando en cidades coma Detroit, Minneapolis, Michigan, Chicago (Celtic Festival from Chicago) ou New York (Lincoln Center). En marzo de 2004 actuou por primeira vez en París diante de 55.000 persoas dentro da convocatoria anual  “Noite Celta de París”, conseguindo un éxito que foi recollido nas páxinas dos diarios máis prestixiosos da capital gala (Liberation, Ouest France, Le Monde…).

Teñen dito dela:

“Gaiteira pero vestida tan moderna coma Madonna e muller futbolera que acode ós domingos a Riazor a vibrar co Deportivo” Carlos Marcos, revista Rolling Stone.

“A Seivane non ten case rival entre as mulleres gaiteiras…” Luís Martín (ABC)

“Susana Seivane é, sobre todo, unha compositora e intérprete lúcida que tamén leva  a creación até o escenario” Luís Martín, ABC

“Susana Seivane ten conseguido elevar a música tradicional galega a unhas cotas de popularidade comparables ás conseguidas por Carlos Núñez, Hevia ou Kepa Junquera” Revista Folc

“Susana Seivane xa ten unha reputación internacional: técnica, innovación e enerxía vital se funden nos seus dedos nun sopro”. Alvaro Feito, El Mundo

“Susana Seivane causou impacto co seu son fresco e os sorprendentes shows da súa banda” Folk Rotos Magazine.

SUSANA_Seivane_primerdisco Susana_Seivane-Alma_De_Buxo-Frontal Mares-De-Tempo-cover SUSANA SEIVANE M Susana_seivane_foto1

Error type: "Bad Request". Error message: "Bad Request" Domain: "usageLimits". Reason: "keyInvalid".

Did you added your own Google API key? Look at the help.

Check in YouTube if the id PL10FDFA9A519298A2 belongs to a playlist. Check the FAQ of the plugin or send error messages to support.