Loading... (0%)


Na Lua

22 Xullo 2014
1303743574-NA LUA Feitizo

Fecha de publicación:
03/11/1999

Formato:
CD

COMPRAR

APPLE-ico cart-ico spotify-ico

Feitizo

1. Duas Irmás
2. A Noite De San Xoan
3. Tres Viras Do Minho
4. Fun Polo Vento
5. O Meigallo
6. Para Facer Un Feitizo
7. Encantamento
8. As Meigas Chegan
9. Trasalbiña
10. O Xastre Coxo
11. Baile Do Demo
12. Ronda Das Mafarricas
13. Belladona
14. A Marabilla
15. A Pedra Da Serpe
16. Vin Polo Aire

O que fai o numero sete, intitulado Feitizo, publicado recentemente, é un traballo conceptual dedicado ó mundo do esotérico, das meigas e de todo aquilo que a cultura popular utilizou como guía e fonte de sabedoría ó longo dos tempo.

Más info

Na Lúa, que sempre foi a cara máis moderna do folk en Galicia, sintetizan neste Feitizo en forma de bebedizo para escoitar aspectos ancestrais da cultura popular, que van dende o máxico e lexendario ó real e o musical, co seu innato xeito de entender a música:

Con raíces que dende a terra crecen para apuntar á Lúa que é, talvez, orixe destes artistas que sempre contemplaron a música dende un lugar próximo e distante, permanente e actual

1303743831-NA LUA OS TEMPOS

Fecha de publicación:
15/05/1997

Formato:
CD

COMPRAR

APPLE-ico cart-ico spotify-ico

Os Tempos Son Chegados

1. Marcha Dos Namorados. Fojetes
2. Os Tempos Son Cegados
3. Muiñeira Do Berimbao
4. De Andar Camiño (Rwanda)
5. Ribeirana
6. Cantar De Canteiros
7. Liberación
8. Django
9. Danza Das Tres Raiñas
10. A Filla De Demetrio
11. Arxel
12. Airiños De Africa
13. A Aventura Dos Pipelines
14. Coro Das Maçadeiras
15. Das Africanas Praias
16. A Fonte Da Meiga

Os Tempos Son Chegados é un dos mellores discos de Na Lua

1303744134-NA LUA ONDAS

Fecha de publicación:
01/02/1989

Formato:
CD

COMPRAR

APPLE-ico cart-ico spotify-ico

Ondas do mar de Vigo

1. Alba
2. Espabileitor
3. Candea
4. Mazurca de outubro
5. Muiñeira de rumores
6. Louriña “labrava”
7. Contrabando de amigo
8. Ven bailar carmiña
9. Agoiro de abril
10. Noite de luz lenta
11. Danza do mar namorado
12. Unha góndola no miño
13. Romance de cego

O pasado Outono Na Lúa cumpría vinte anos de existencia. 1980 era o ano da fundación desta formación, e 2000 o ano de facer balance, de facer resume.

Ó longo destes vinte anos Na Lúa editou sete discos: Na Lúa, A Estrela de Maio, Ondas do Mar de Vigo, Contradanzas, Peliqueiro, Os Tempos son chegados, Feitizo e agora, en 2001, este resume de tóda-la súa carreira,  xuntando 18 temas seleccionados entre tóda-la súa discografía.

Coma eles mesmos afirman nas notas introductorias ó novo disco, non existe un Na Lúa único, dunha  cara só, senon moitas facetas, tantas como fases poida ter a Lúa. Esta Lúa de Na Lúa mostrou ás veces a súa cara máis festiva, outras o seu lado máis portugués, en ocasións un xesto máis lírico e repousado, e de cando en vez, o rostro máis oculto, o que non admite clasificación.

Para este resume vinteañeiro elixiron as súas grabacións orixinais agás en catro casos concretos, onde ofrecen novas versións interpretadas pola formación actual: Dublín- Coimbra, Danzas de Entroido, Espabileitor e Vértolas de maio. As novas misturas tiveron lugar na Casa de Tolos, os estudos que o productor Segundo Grandío ten en Gondomar.

Na Lúa ven conservando o seu espíritu democrático: “Unha das poucas cousas das que presumimos é a de manter o grupo definido coma unha asamblea de músicos na que cada un expresa, e expresou, a súa creatividade sen limitacións“.  Por esta razón tamén quixeron lembrar ós outros músicos que pertenceron a Na Lúa no seu momento: a cantante Uxía Senlle, o guitarrista Darío G. Moreira e o instrumentista Pancho Álvarez, estes dous últimos, compositores e arranxistas de varios dos temas.

Precisamente a estes tres ex-membros de Na Lúa se adica este disco que segue unha traxectoria narrativa circular. Comenza co seu primeriro traballo discográfico editado no 1985, vai pasando por cada un dos editados até chegar á derradeira grabación de 1999, e volta de novo ó seu disco primerio facendo estación en cada un dos anteriores. Ó longo deste círculo lunar podemos escoitar as cancións que máis teñen identificado á formación en todos estes anos de traxectoria.

No camiño, moitas colaboracións e moitos amigos: Rafa Vega, Antonio Constenla, Xosé M. Eirís, Fausto, Julio Pereira, Vasco Gil, Maite Dono, Aoia, Muxicas, Treixadura, Isaac Palacín (Berrogüetto), Luís Correa (Os Carunchos), Siniestro Total, Anamoura, Fía na Roca, As Donicelas de Salceda, e un longo etcétera.

Tamén houbo colaboración literarias: Manuel Forcadela, Ramiro Fonte, X.M. Álvarez Cáccamo, Antón Reixa, Román Raña, Xosé Miranda ou Manuel Rivas puxeron os seus textos á disposición da agrupación. Moitos deles, por suposto, integraronse nesta compilación.

O importante e que NA Lúa cumpriu xa vinte anos, vinte anos de música, vinte anos de creación, vinte anos de evolución.

1303743574-NA LUA Feitizo 1303744134-NA LUA ONDAS 1303743831-NA LUA OS TEMPOS