Loading... (0%)


Maria Manuela

22 Setembro 2014
Maria-manuela

Fecha de publicación:
16/09/1999

Formato:
CD

COMPRAR

APPLE-ico cart-ico spotify-ico youtube-ico

Para miguel

1. Ana mariña
2. Romaxe da nosa señora da barca
3. E no sagrad em vigo
4. Cantar de berce
5. Rosalía
6. Ven que te levo
7. Uma casa portuguesa
8. Manha de carnaval
9. Lisboa nao sejas francesa
10. Tras das moças
11. Panxoliña
12. Meus amores
13. So quedeime
14. Algun dia / miña nai e lai-la tua

Comezou a súa carreira musical en solitario, coa gravación dun sinxelo en 1974, que incluía as cancións Pedro Chosco e Ana Mariña. O seu primeiro longa duración foi ao ano seguinte, Cantigas ao meu xeito. Casada dende 1968 co tamén músico Miguel Tranquilo, formou parella musical con el e gravou seis LPs máis, outros dous no ano 1977,Idioma Meu e Panxoliñas, e no ano 1979 Cantigas para nenos e neneiros. Máis tarde no ano 1982 gravou o disco (Ergueremo-la Espranza) sendo este un dos discos máis orixinais da parella con arranxos do propio Miguel Varela, neste disco deixaron voar a imaxinación e saíron cancións e arranxos de feitura moi orixinal e con moi variadas formacións, máis adiante colaboraron cunha das cancións máis bonitas e orixinais de Miguel, A mulata Coromoto, nun disco dedicado ao poeta Celso Emilio no ano 1989, e despois dous discos máis nos dous primeiros anos dos 90 (“Barco na Alba” onde se poden ouvir dúas músicas compostas pola propia María Manuela en dúas cantigas medievales).

Levouse a belida e levantouse a belida, no outro disco o de “Imos cantar xuntos” temos outro dos traballos con música dirixida aos nenos, que fixeron en colaboración, en dúas cantigas, co grupo “Ledicia” do colexio Manuel Masdías de Caranza. No ano 1999, logo do falecemento de Miguel Varela no mes de setembro de 1998, continuou a súa carreira en solitario cun CD dedicado ao seu home (“Para Miguel”), e colaborou na gravación do disco “SempreMar” do colectivo “Burla Negra”

Como pintora, ten unha longa traxectoria nunha creación colorista e expresionista, fundamentalmente na pintura ao óleo e como debuxante. Expuxo nas salas de Caixa Galicia en Ferrol e Santiago de Compostela, no Círculo Mercantil de Vigo e no Forum des Arts de Lorient e en numerosos lugares ao longo da xeografía galega, española e europea. Actualmente forma parte do colectivo de pintores ARGA