Loading... (0%)


Henrique Otero

19 Setembro 2014
HENRIQUE OTERO O gaiteiro do

Fecha de publicación:
01/04/2001

Formato:
CD

COMPRAR

APPLE-ico cart-ico spotify-ico youtube-ico

O Gaiteiro Do Fragoso

1. Marmuradiña (Muiñeira)
2. Fandango Ribeirán
3. Alborada De Pontevedra
4. Jota Do Gaiteiro Do Fragoso
5. O Vello Gaiteiro (Muiñeira)
6. Badaleadoira (Polca)
7. O Gaiteiro Retroncón (Jota)
8. Retronca O Gaiteiro (Muiñeira)
9. Rumbeando Con Noitarega (Rumba)
10. Andoriña Mariñeira (Jota)
11. Muiñeira Nº 3 (A Requinteada)
12. Aturuxos Do Gaiteiro (Alborada Ribeireña)
13. Muiñeira Dos Cruceiros
14. A Oración Do Gaiteiro
15. Muiñeira Do Sr. Henrique

Henrique Otero (Vigo-Lavadores, 20 de Xuño de 1930), máis coñecido coma “O Gaiteiro de Fragoso”, comezou os seus estudos musicais con dez anos sendo alumno do director da Banda Municipal de Vigo, Don Mónico García de la Parra y Téllez.

Más info

Con 15 anos ingresou na citada banda municipal.

En 1946 se creou unha sección de gaitas na Banda Municipal de Vigo da cal Henrique formou parte dende os seus principios. As súas primeiras composicións para gaita se realizaron nos anos 50, labor compositiva que se mantén ate os nosos días. Conta no seu catálogo con máis de 200 obras.

En 1947 foi reclamado pola Sección Feminina para prestar servizos coma gaiteiro. Entre este ano e 1957 será integrante de distintos grupos da comarca de Vigo. En 1949 ingresou no exército, e sendo destinado en Madrid, incorporouse á banda de gaiteiros do Ministerio do Exército. Durante a súa estancia madrileña exerceu coma gaiteiro do Coro Galego Rosalía de Castro de Madrid.

O seu regreso á Galicia, no 1953, colabora esporadicamente coa Sección Feminina coa que percorre o estado e distintas cidades e festivais de Europa (Exposición Universal de Bruxelas de 1958, entre outras). Entre os anos 1957-1960 será gaiteiro do mítico grupo Vento das Cíes de Vigo onde coincide co gaiteiro Xesús Portela (irmán de Ricardo Portela) e co  pandereiteiro Melitón.

En 1958 fundou Os Cruceiros, histórico cuarteto vigués no que coincide novamente con Xesús Portela. Este grupo fará 5 gravacións discográficas: 4 sinxelos e un LP. O cuarteto manteríase 5 anos en activo, conseguindo múltiples premios e distincións. En 1971 inicia o proxecto “Clase Experimental de Gaita” no conservatorio municipal de Vigo, primeira vez ca gaita foi introducida nun conservatorio.

O seu recoñecemento oficial tivo lugar en 1977 cando o Ministerio de Educación e Ciencia recoñeceu a cátedra de gaita que el mesmo ocupara dende a súa instauración ata o ano 1983. Elaborou o manual do propio conservatorio, Leccións de gaita, publicado pola editorial Galaxia.

En 1981, no seno do conservatorio municipal, crea “Raigames”, primeira banda de gaitas de Vigo integrada por alumnos da propia institución.

Entre os seus alumnos destacados cabe citar a Xaime Estévez Vila, profesor de gaita do conservatorio Mayeusis de Vigo;  a Carlos Núñez, sucesor na súa cátedra de gaita no conservatorio oficial de Vigo; a Rosario Guerrero, profesora no conservatorio de A Guarda; a Ramón González, profesor no conservatorio de Ponteareas e a Mª Xosé López Vila, histórica compoñente do grupo de folk Muxicas. Algúns grupos tradicionais de música coma Treixadura ou Noitarega engadiron algunha das súas obras nos seus repertorios.

En 1984 creou a clase de gaita dentro do conservatorio de Ponteareas. A partires dese mesmo año ten recibido múltiples homenaxes aínda que segue vinculado á música tradicional galega impartindo clases en distintos grupos folclóricos, así coma seminarios e conferencias. No ano 2000 recibiu o galardón “A Gaita de Oro” en recoñecemento a toda a súa traxectoria profesional, concedido polo Ateneo Ferrolán no marco do concurso anual de gaitas Constantino Bellón.

Fontes: Xaime Estévez Vila / Wikipedia/ Arquivo Fol Música.

Henrique Otero, O Gaiteiro de Fragoso.

Henrique Otero Covelo ( Lavadores Vigo, 20 de Xuño de 1930- Vigo,18 de Abril de 2013), máis coñecido coma “O Gaiteiro de Fragoso”, comezou os seus estudos musicais con dez anos, sendo alumno do director da Banda Municipal de Vigo, Don Mónico García de la Parra y Téllez. Con 15 anos ingresou na citada banda municipal.

En 1946 se creou unha sección de gaitas na Banda Municipal de Vigo da cal Henrique formou parte dende os seus principios. As súas primeiras composicións para gaita se realizaron nos anos 50, labor compositiva que se mantivo ate o seu pasamento. Conta no seu catálogo con máis de 200 obras.

En 1947 foi reclamado pola Sección Feminina para prestar servizos coma gaiteiro. Entre este ano e 1957 será integrante de distintos grupos da comarca de Vigo. En 1949 ingresou no exército, e sendo destinado en Madrid, incorporouse á banda de gaiteiros do Ministerio do Exército. Durante a súa estancia madrileña exerceu coma gaiteiro do Coro Galego Rosalía de Castro de Madrid.

O seu regreso á Galicia, no 1953, colabora esporadicamente coa Sección Feminina coa que percorre o estado e distintas cidades e festivais de Europa (Exposición Universal de Bruxelas de 1958, entre outras). Entre os anos 1957-1960 será gaiteiro do mítico grupo Vento das Cíes de Vigo onde coincide co gaiteiro Xesús Portela (irmán de Ricardo Portela) e co pandereiteiro Melitón.

En 1958 fundou Os Cruceiros, histórico cuarteto vigués no que coincide novamente con Xesús Portela. Este grupo fará 5 gravacións discográficas: 4 sinxelos e un LP. O cuarteto manteríase 5 anos en activo, conseguindo múltiples premios e distincións. En 1971 inicia o proxecto “Clase Experimental de Gaita” no conservatorio municipal de Vigo, primeira vez ca gaita foi introducida nun conservatorio.

O seu recoñecemento oficial tivo lugar en 1977 cando o Ministerio de Educación e Ciencia recoñeceu a cátedra de gaita que él mesmo ocupara dende a súa instauración, ata o ano 1983. Elaborou o manual do propio conservatorio, Leccións de gaita, publicado pola editorial Galaxia.

En 1981, no seno do conservatorio municipal, crea “Raigames”, primeira banda de gaitas de Vigo integrada por alumnos da propia institución.

Entre os seus alumnos destacados cabe citar a Xaime Estévez Vila, profesor de gaita do conservatorio Mayeusis de Vigo; a Carlos Núñez, sucesor na súa cátedra de gaita no conservatorio oficial de Vigo; a Rosario Guerrero, profesora no conservatorio de A Guarda; a Ramón González, profesor no conservatorio de Ponteareas e a Mª Xosé López Vila, histórica compoñente do grupo de folk Muxicas. Algúns grupos tradicionais de música coma Treixadura ou Noitarega engadiron algunha das súas obras nos seus repertorios.

En 1984 creou a clase de gaita dentro do conservatorio de Ponteareas. A partires dese mesmo año ten recibido múltiples homenaxes aínda que seguiu vinculado á música tradicional galega impartindo clases en distintos grupos folclóricos, así coma seminarios e conferencias.

No ano 2000 recibiu o galardón “A Gaita de Oro” en recoñecemento a toda a súa traxectoria profesional, concedido polo Ateneo Ferrolán no marco do concurso anual de gaitas “Constantino Bellón”. Henrique Otero, O Gaiteiro de Fragoso, faleceu o 18 de abril de 2013, en Vigo.

 

Fontes: Xaime Estévez Vila / Wikipedia/ Arquivo Fol Música

HENRIQUE OTERO O gaiteiro do enrique_otero_cabecera