Loading... (0%)


Faustino Santalices

13 Setembro 2014
Faustino_santaelices_disco

Fecha de publicación:
15/04/2004

Formato:
CD

COMPRAR

APPLE-ico cart-ico spotify-ico

Gravaciones Históricas de Zanfona

1. Romance De Don Gaiferos
2. Camiña Don Sancho
3. Axéitame A Polainiña
4. Lonxe Da Terriña
5. Alalá De Seitura
6. Alalá Das Mariñas
7. Redonda O Golpe
8. Cantigas De Cegos
9. Alalá De Padron
10. Alalá De Arrincar O Liño
11. Pasei Pola Túa Porta/Esta Noite Hei De Ir Alá
12. Canto De Seitura
13. Canto De Romería
14. Muiñeira De Cartelle
15. Pasacorredoiras De Arnoia
16. Alborada Antiga De Ourense
17. Marcha Procesional ( Século Xvi) Santa Lucia Para Rairo
18. Antiga Alborada Popular Galega

Estudou Dereito en Santiago, onde coñeceu a Ramón Cabanillas. Despois de licenciarse, ingresou no Ministerio da Gobernación e foi destinado a Soria, onde viviu ata 1914 antes de regresar a Ourense. En 1918 casou con Rosa Muñiz, que o acompañou nas súas actuacións e gravacións. En 1924 foi nomeado Secretario do Goberno Civil de Ourense.

Máis Info

Faustino escoitoulle tocar a zanfona a un cego cando neno e ficou prendado dela. Mais durante o último terzo do século XIX este instrumento estaba en vías de desaparición mesmo no ámbito popular e apenas podía verse nalgunha romaxe. Faustino colaborou co folclorista Casto Sampedro Folgar, apontándolle os seus coñecementos. En 1922 comezou a colaborar como gaiteiro no coro ourensán De Ruada e logo con Os Enxebres. No 1927 gravou dúas pezas coa zanfona.

Nado en Bande, provincia de Ourense, o 16 de novembro de 1877, morto en Madrid o 6 de decembro de 1960, Faustino Santalices é un anel de ouro que, por fortuna, chegou ata nós enteiro e sen mácula, de tal xeito que é unha testemuña excepcional que condensa o acervo musical da Galicia de gran parte do século XX, e por extensión, o marco cultural no que viviu, contribuíndo, de modo decisivo, á súa conservación e enriquecemento gracias ó seu inmenso labor.

Ó longo da súa vida fixo gala dun carácter apaixoado e vehemente, entregado xenerosamente a tódalas facianas que tiñan que ver coa música tradicional. Comenzou a toca-la gaita da man do gaiteiro de Penalta, entrou no máxico mundo da zanfona cáseque por casualidade ó ver esa voz no órgano da catedral de Santiago, e deixouse levar pola súa curiosidade tanto no eido teórico e didáctico, como no práctico da construcción e perfecionamento dos instrumentos tradicionais. Salientar dous longos escritos , un sobre a gaita e outro afamado por tódolos segredos que nel viron a luz e que, con prólogo de Ramón Cabanillas, levaba por título “A Zanfona”.

Neste disco se compendia todo o que Faustino Santalices deixou gravado ó longo da súa vida. Dúas sesións de gravación alonxadas no tempo deron lugar a todo o material que eiquí se recolle.

A primeira sesión realizóuse no 1929, aínda que outras memorias falan de 1927. Foron discos gravados pola casa Regal nos que Faustino Santalices aparece como voz e zanfona no “Canto de romería” e “Canto de seitura”, e como gaiteiro, na compaña do seu inseparable Modesto Sánchez, interpretando “Muiñeira de Cartelle”, “Pasacorredoiras de Arnoia” e “Alborada antiga de Ourense”.

Pasarían moitos anos ata o 1949, antes de que Faustino Santalices se metera de novo nun estudio de gravación. Esa histórica, espectacular e emocionante gravación fíxose na rúa Colón de Madrid, sen paradas, sen retoques, por un Faustino de cáseque 73 anos. Nalgún momento desa gravación participou o seu fillo tocando as cunchas . Daquela sesión, editada pola casa Columbia, nacía o mito e a lenda, xa que contiña pezas que eran todo un símbolo da riqueza expresiva da música galega : “Alalá das mariñas”, “Axéitame a polainiña”, “Romance de don Gaiferos” e un longo etc.

Daquela sesión nunca viron a luz dous temas que neste disco aparecen como primicias, ámbalas dúas pezas para zanfona : “Marcha procesional” ( século XVI ), “Santa Lucía pra Rairo” e ” Antiga alborada popular galega”.

Parafraseando a Rosalía de Castro decir que na música tradicional Faustino Santalices  “…en todo está i él é todo

De calquera galego, de calquera músico do mundo, de calquera amante dos mil universos tradicionais deste planeta : gracias, Faustino Santalices.

Anton Seoane ( Milladoiro )

Faustino_santaelices_disco faustino-santalices2 faustino