Loading... (0%)


Emilio Rua

20 Xullo 2014
Emilio_rua_disco

Fecha de publicación:
19/06/2006

Formato:
CD

COMPRAR

APPLE-ico cart-ico spotify-ico youtube-ico

Vida Miña

1. Unha Meiga En Ti
2. A Carolina
3. Buscame
4. Vida Na Aldea
5. Comic
6. Miña Galega
7. Un
8. O Ultimo Baile
9. A Rianxeira
10. Vida Miña
11. En Nome Da Paz
12. Mama Sara

Texto de Xosé Carlos Caneiro.

Cando canta Emilio parece que a lúa ponse trenzas. É un artista, un inspirado, un bohemio que vai coa guitarra prendida na boca: os versos colgados dos ollos. Fai música que adormece, exalta, emociona, entusiasma, vulnera.

Más info

Digo que é un inspirado porque só as musas son capaces de elaborar o canto que permanece. Nestes malos tempos, cibernéticos e incomunicados, a música de Emilio é celestina: aproxima, une, desata.

Eu escoito a Emilio como unha terapia. Voz suave, fráxil en porcelana, de lúa digo. Con trenzas. Guapa. Hai que reivindicar a arte que nos salva do tedio. A arte que nos abraza e esperta. Esa que nos fai máis humanos. Este é un disco pleno de humanidade. Un disco lindo. Non reza ao deus dos negocios. Sabe que hai prezos que non poden pagarse e que os músicos de verdade, os que amo rotundamente, non cambian ás musas (á musa) por nada. A arte, para os que a queremos, é demasiado importante para venderse por pasta.

Todo o que necesitas é amor, sabémolo. Emilio Rúa recorda este apotegma constantemente. Con rigor de bohemio inspirado, con caramelos, con Uxía, que ten unha casiña branca na alma, nos labios, na voz. Este é un disco para tomar acompañado, en copas, ou no tabaco solitario da melancolía. É tamén un disco para curar a tristeza. Ambivalente, polivalente e multi sectorial: palabras tan feas. Un disco de corazón amplo para ampliar o horizonte dos nosos dedos: eses que acarician. Deixarse acariciar por el é un regalo. De primavera. De abrazos. De amor, precisamente.

Xosé Carlos Caneiro

PRESENTACIÓN EMILIO RÚA

A primeira vez que cantei ante o público foi nunha aldea galega. Eu tan só tiña sete anos e tocaba no grupo que o meu pai formara comigo e os meus catro irmáns, o Concorde Atenea. Con el percorremos durante oito anos Galiza, Portugal, Asturias e Castela-León ¡Aínda lembro tocarmos nunha palleira e nuns remolques de tractor!.

Logo da súa desaparición, comecei a facer cancións dedicándome por enteiro á música,a miña paixón.  É  foi así que, no ano 2000, gravei o meu primeiro CD, tras gañalo certame “Lluvia como furiosa”no pobo de Verín.  Despois dun tempo, no 2006 publicaba este segundo traballo discográfico, co selo BOA.

Durante o intervalo de tempo participei no certame “Cantigas de Maio 2004” en Ceutí (Murcia), no que acadei o segundo premio. No certame de “Jóvenes Cantautores de ELX 2005” recibín o primeiro premio. En ambos certames puiden contar co apoio de José Miguel López de Radio 3, e cantando sempre na miña lingua: o Galego.

Foi grazas a Uxía Senlle, a Segundo Grandío e a Fernando Luaces que confiaron na miña música e fixeron posible este CD. Din que sendo un meniño xa cantaba. Eu non o recordo. E que, sentado nunha cadeira, marcaba o compás co pé, sen poder chegar ó chan. Hoxe teño os dous pés no chan e os meus pasos está ancorados na terra.

Texto de Uxía Senlle

Emilio Rúa ten nos ollos e na voz a profundidade das terras de Ourense, de Ventas de Barreira, onde naceu e onde vive. Lonxe do mundanal ruído, alí foi quen de construír unha personalidade musical propia. Guitarra e harmónica arroupan a súa voz aguda, ás veces resgada, para expresar sentimentos moi nosos e, ao mesmo tempo, universais.

Berros de dor ou cantes de amor, referencias constantes á vida na aldea ou ós iconos da nosa música tradicional (-“Qué maxia ten a gaita que soa na ribeira da distancia”), a fraxilidade de quen ama e sufre, a grandeza dos homes e mulleres que loitan a favor da paz, das víctimas dun sistema inxusto.

A vida nunca debería arrebatarnos o que temos de puros, de inocentes. Emilio pode transportarnos a ese mundo onde o amor e a beleza do cotiá son aliados para ser máis felices. O mundo rural que describe aparece vestido de nostalxia: “-Morrerán nas aldeas as estrelas desta noite eterna-” “-Miña galega  estás soa na aldea-”; pero tamén de esperanza: “Aínda queda vida na aldea”.

O que eu salientaría e a forza expresiva rotunda e profunda das súas composicións: pop elegante, baladas intensas ou versións moi atinadas de cancións tan populares como “A Saia de Carolina” ou “A Rianxeira” que recobran na súa voz nova vida e unha lectura radicalmente diferente ás habituais e recorrentes revisións destas pezas tan emblemáticas do noso folclore. Canta na súa lingua materna, coa que mellor exterioriza o que sinte, e faino cun orgullo que o diferencia dos autores novos galegos da súa xeración.

A producción tenta realzar as cancións sen desvirtualas, sen que perdan a esencia e a autenticidade que as caracteriza. Tratamos de facer un traballo creativo, imaxinativo, contando co talento dos músicos invitados neste disco. Guitarra, batería e percusión, contrabaixo, acordeón, piano, corda e metais foron os timbres elixidos.

Entre os músicos, Paco Charlín ( contrabaixo) é, sen dúbida, un dos mellores baixistas do país, que acompaña a grandes figuras do jazz ibérico ( ten tocado con Bernardo Sassetti, Perico Sambeat, Abe Rábade…). Leandro Deltell, batería de longo percorrido que acompañou a Budiño, Merecedes Peón, Uxía… e Paulo Borges, pianista e acordeonista nacido nas Illas Açores, que aporta a elegancia e a orixinalidade da súa virtuosa interpretación.

Todos e cada un axudaron a construír un resultado único, vertendo a sabedoría e a entrega nunha obra que, estou segura, será punto e aparte na música galega, que hai tempo que non se aproximaba ó pop cantado en galego tanto na composición como na interpretación.

Emilio Rúa ten nos ollos e na voz a profundidade das terras de Ourense , de Vendas da Barreira, onde naceu e onde vive . Lonxe do mundanal ruído, alí foi quen de construir unha personalidade musical propia. Guitarra e armónica arroupan a súa voz aguda, ás veces rasgada para expresar sentimentos moi nosos e, ao mesmo tempo, universais. Berros de dor ou cantares de amor, referencias constantes á vida na aldea ou aos iconos da nosa música tradicional (“Que maxia ten a gaita que soa na ribeira da distancia ”), a fraxilidade de quen ama e sufre, a grandeza dos homes e mulleres que loitan en favor da paz, das victimas dun sistema inxusto.

A vida nunca debería arrebatarnos o que temos de puros, de inocentes . Emilio pode transportarnos a ese mundo onde o amor e a beleza do cotiá son aliados para ser máis felices. O mundo rural que describe aparece vestido de nostalxia: “Morrerán nas aldeas as estrelas desta noite eterna”, “Miña galega, estás soa na aldea…” pero tamén de esperanza: “Aínda queda vida na aldea”. Pero o que eu salientaría é a forza expresiva, rotunda e profunda das súas composicións: pop elegante, baladas intensas ou versións moi atinadas de cancións tan populares como “A Saia da Carolina” ou “A Rianxeira” que recobran na súa voz nova vida e unha lectura radicalmente diferente ás  habituais e recorrentes revisións destas pezas tan emblemáticas do noso folclore.

Canta na súa lingua materna, coa que mellor exterioriza o que sinte e faino cun orgullo que o diferencia dos autores novos galegos da súa xeración.

A producción tenta realzar as cancións, sen desvirtualas, sen que perdan a esencia e a autenticidade que as caracteriza, pero tratamos de facer un traballo creativo, imaxinativo contando co talento dos músicos invitados neste disco. Guitarra, batería e percusión, contrabaixo, acordeón, piano, corda e metais. Paco Charlín (contrabaixo) é, sen dúbida, un dos mellores baixistas dun país que acompaña a grandes figuras do jazz ibérico: Bernardo Sasetti, Perico Sambeat,  Abe Rábade… Leandro Deltell, batería de longo percorrido que acompañou a Budiño, Mercedes Peón, Uxía… Paulo Borges, pianista e acordeonista nacido nas illas Azores aporta a elegancia e a orixinalidade da súa virtuosa interpretación.

Todos e cada un axudando a construir un resultado único, verquendo o talento nunca obra que, estou segura, será un punto e aparte na música galega, que hai tempo que non se aproximaba ao pop cantado en galego con tanto talento, tanto na composición como na interpretación.

UXIA

Emilio_Rua_alta

Error type: "Bad Request". Error message: "Bad Request" Domain: "usageLimits". Reason: "keyInvalid".

Did you added your own Google API key? Look at the help.

Check in YouTube if the id PLCB4D9F5D375FC88C belongs to a playlist. Check the FAQ of the plugin or send error messages to support.