Loading... (0%)


Emilio Cao

16 Xullo 2014
ECAO_Sinbad_en_Galicia

Fecha de publicación:
01/03/2098

Formato:
CD

COMPRAR

APPLE-ico cart-ico spotify-ico

SINBAD EN GALICIA

1. Chuvia Nos Vidros
2. Sinbad En Galicia
3. Dial
4. Baile De Rosenda
5. S.O.S.
6. Nace O Dia
7. O Papa
8. Illa De Tambo
9. De Lonxe
10. Meu Amigo
11. Unha Noite Na Eira Do Trigo

Emilio CAO Amiga Alba

Fecha de publicación:
01/12/2011

Formato:
CD

COMPRAR

APPLE-ico cart-ico spotify-ico

Amiga Alba e delgada

1. Amiga Alba E Delgada
2. Vals Do Mencer
3. Illa Do Sur
4. Nenos Mirando Estrelas
5. O Crabo
6. Caen As Follas
7. Sol De Maio
8. Sobremare
9. Levame Lonxe
10. Nevoa Do Val, Lus Do Horizonte
11. Quen na Outra Tarde

Emilio CAO Cartas_marinas

Fecha de publicación:
26/07/2092

Formato:
CD

COMPRAR

APPLE-ico cart-ico spotify-ico

Cartas Mariñas

1. Canción Sen Palabras
2. Inconsciente Amor
3. O Cartafol Do Vento
4. Domador Do Mar
5. Os Cobados No Barandal
6. Vigo Está Tan Lonxe
7. Pequena Estrela Nova
8. Sos
9. Novor Portos
10. Novor Portos
11. Adeus
12. Praias Perdidas
13. Estreaba O Horizonte

Os seus inicios como músico están ligados a diversos grupos pop da súa cidade. Participou, entre outros proxectos, nos grupos Brétema e NHU. Algo máis tarde traballou como músico acompañante vencellado ao colectivo Voces Ceibes. Foi naquel momento no que comezou a compoñer as súas primeiras cancións.

A mediados dos anos setenta vive diversas experiencias por toda Europa, levando unha vida a medio camiño entre a emigración e a bohemia. Ao seu regreso, atopa accidentalmente unha arpa nunha tenda de instrumentos de segunda man, instrumento que aprenderá a tocar por si mesmo, de xeito autodidacta, e para o que axiña comezará a compoñer música.

A partir do seu primeiro disco Fonte do Araño, de 1977, comezará a relacionarse con outros intérpretes deste instrumento, entre os que destacan a galesa Elsie Thomas de Swansea e o bretón Alan Stivell. Tamén estreita os seus lazos con músicos portugueses relacionados co movemento dos Cantores de abril.

Na discografía de Emilio Cao destaca un grande interese pola cultura literaria da Galiza. As referencias a coñecidos escritores son evidentes dende o título dalgún dos seus traballos, pero tamén é frecuente que musique poemas dalgúns dos poetas galegos máis importantes, como Rosalía de Castro ou Manuel Antonio (a quen dedica o traballo Cartas Mariñas). Tamén ten colaborado con autores vivos como Suso de Toro e Anxo Rei Ballesteros.

Unha dimensión máis das relacións entre a súa música e a literatura son os seus múltiples traballos para o teatro galego, compoñendo e tocando a música para representacións de obras de Roberto Vidal Bolaño, Eduardo Alonso, Xulio Lago, ou Suso de Toro, así como o de diversas adaptacións.

Como músico ten colaborado ademais en traballos de diversos artistas como Ruper Ordorika, Fausto, Siniestro Total e Maite Dono. Esta última artista ten versionado algunhas das súas cancións máis coñecidas.