Loading... (0%)


Davide Salvado

19 Maio 2015
DAVIDE SALVADO 2400

Fecha de publicación:
16/06/2015

Formato:
CD

COMPRAR

APPLE-ico cart-ico spotify-ico youtube-ico

LOBOS

1. Gargamala
2. O Manso
3. Muiñeira Maronda
4. Helena
5. Gora
6. Lobos
7. Só
8. A Vida
9. Os Pasos da Fraga
10. Liulfe

Davide Salvado (Marín, 1981) é sen dúbida unha das voces máis carismáticas do noso país. De formación autodidacta, leva media vida recorrendo as aldeas galegas na procura de ritmos, coplas e danzas. De todas esas mulleres que foi atopando, aprendeu non só a tradición na música, se non todo un xeito de vivir. O amor a todas esas prácticas tradicionais, a fía, a cestaría, a agricultura, o respeito á terra e á lingua, fan do xeito de entender o canto para Davide moito máis que simplemente música.

 

No 2003 empezou a súa carreira profesional xunto a Ugia Pedreira (Marful) e o grupo Ecléctica Ensemble. Pouco despois, uniuse como cantante e percusionista á banda do recoñecido gaiteiro Budiño, coa que xirou por escenarios de medio mundo. A súa versatilidade permitiulle achegarse tamén a xéneros como o cabaré ou o teatro. Davide colaborou ademais en varios traballos discograficos, como o recente Galiza de Kepa Junkera.
No 2011, editou o seu primeiro traballo en solitario, Arnica Pura, producido por Eliseo Parra, que vai xa pola súa cuarta edición. Tras dous anos de xira, presenta O Ladrón de Amorodos, un espectáculo a trío xunto ao acordeonista Santi Cribeiro (Berroguetto) e o percusionista Cristian Silva. Con este espectáculo, Davide foi escollido polo xurado internacional para a sección oficial de WOMEX 2014, a feira de world music máis importante do mundo. Grazas a isto, consegueu unha gran presenza nos medios especializados internacionáis, sobre todo en Estados Unidos, onde falan del como un dos grandes descubrimentos do 2014.
En febreiro de 2015 se editou o disco RÚSTICA (Fol Música 2015), un proxecto moi especial xunto a Cristina Pato, Anxo Pintos e Roberto Comesaña.
Agora sae á luz o seu novo disco en solitario, LOBOS, producido por Pedro Pascual (Talabarte, Marful), no que Davide vese arroupado por músicos do talle de Xavi Lozano (Coetus), Quim Farinha (Berroguetto), Miguel Hiroshi ou LAR Legido (Sumrra), entre outros.
Os lobos inspiran este disco, como parte da Galicia máis pura e salvaxe. Dende os de Isaac Diaz Pardo para Sargadelos ata os que cantan e se converten en home… ou ao revés.
LOBOS esta feito dende o corazón, é un agradecemento a todas esas pandereteiras e bailadoras maiores, mulleres fortes e anonimas, que ensenaron a Davide a ser o que é.

——————————————————–

O lobo ouvea cando canta. É a voz da besta, unha voz que ten estomago e fame; unha voz xenital, turbadora, telúrica; unha ameaza, un feitizo, un misterio, unha resposta. O corazón profundo dos bosques, a entraña milenaria da terra, é a que canta pola boca do lobo.
INIGO ESPERT

Foto dos agradecementosIMG_6879IMG_6785IMG_6593Foto do interior