Loading... (0%)


Cristina Pato, Davide Salvado, Anxo Pintos, Roberto Comesaña

15 Xaneiro 2015
CRISTINA PATO DAVIDE SALVADO RUSTICA 560

Fecha de publicación:
10/02/2015

Formato:
CD

COMPRAR

APPLE-ico cart-ico spotify-ico youtube-ico

Rústica

1. Meu Cabalo
2. Mens
3. Asubíasme de Lonxe
4. Erbecedo
5. Grao a Grao
6. Alalá Tristina
7. Ruada Macabra
8. Cardadores

Rustica é o resultado de encontros casuais, sincronicidades, afinidades e descubrimentos. É unha carta de amor ao incrible patrimonio cultural de Galicia, á amizade e á emoción.

Más info

Cancións antigas cantadas con gran profundidade e sentimento cun desenvolvemento harmónico que as trae aos nosos días cun toque máxico dos encantos e os misterios de antano.

Gaita, acordeón, zanfona, pandeiros e voz, son os instrumentos sobre os que foron crecendo as cancións de RÚSTICA.

Un tesouro agochado que agora sae á luz

As crises lévannos a lugares insospeitados. Unha crise de identidade fíxome reinventar o meu camiño hai dez anos, e outra pequena crise persoal levoume a pensar que o tempo pasa e que aínda tiña moito que facer… entroume o pánico, e cando iso pasa só podo facer unha cousa: frear, parar a pensar, vivir, escoitar, enfrontarme aos meus medos e volver a empezar.

Rústica naceu como unha carta de amor en galego para celebrar os meus quince anos de carreira en solitario, e acabou sendo un regalo de tres músicos aos que admiro, e que me emocionan profundamente. Naceu coa idea de facer algo sinxelo, que falase por si mesmo, sen máis pretensión que explorar repertorio que eu non tiña explorado antes, e coa visión que teño hoxe.

Había xa moito tempo que lle seguía os pasos. Namorei da súa voz no primeiro momento que a escoitei, quizais porque o seu xeito de cantar me leva a Galicia directamente, sen filtros; ou porque é capaz de transmitir emoción pura e séculos de vida nun só suspiro.

O caso é que despois de moito matinar, un día, de súpeto, encontreime con el polas rúas de Ourense… e para min, muller galega, supersticiosa e cunha confianza inusitada na intuición, iso foi un sinal. Así comezamos a falar Davide Salvado e máis eu.

Cunha especie de admiración mutua descubrimos que as nosas enerxías vibraban a unha frecuencia infinita e que uníndoas poderíamos desfrutar de xeito especial. Davide é un cancioneiro vivo.

O caso de Anxo é diferente. Durante máis de quince anos coincidimos en infinidade de escenarios, pero a verdade é que non tiven o pracer de coñecer a Anxo Pintos até que a primeira edición do festival Galician Connection, e unha posterior xira pola India, nos uniu.

Unha calidade humana das que xa non quedan. Nobreza en estado puro. Cariño, e un infinito cerebro creativo, forman a este ser cheo de empatía e capaz de ser colaborador, acompañante, líder e amable, sobre todo incriblemente amable e xeneroso. Unha fonte de ideas.

E da miña crise anterior, nace a miña relación con Roberto Comesaña. Colaborador fiel, xove, honesto, valente e franco co que teño a sorte e a honra de contar dende o ano 2010. Grazas a Roberto re-namoreime do acordeón e das súas posibilidades, e a súa evolución nestes catro anos lévame a pensar qué este é tan só o inicio dun camiño fascinante. Roberto contén equilibrio, saber facer, creatividade, disciplina férrea, autocrítica, curiosidade, xenerosidade e flexibilidade… qué máis se pode pedir.

Anxo, Davide, Roberto e máis eu, non nos coñecemos tanto, de feito só nos encontramos unha vez, os catro, antes de entrar ao estudio. Foi na casa de Davide, explorabamos o repertorio mentres Davide cociñaba un arroz con bacalhau.

E nun lugar encantado no medio da nada comemos, e Xan plasmou o momento, e un día de comuñón nos chegou para ver que se confiabamos uns nos outros poderiamos facer algo especial.

Creamos unha zona segura nos estudios de Plantasónica e realmente creamos o disco alí; entre os catro. Con moito cariño e con esa especie de respecto mutuo que só se teñen as parellas que se acaban de coñecer. Para min foi un momento máxico. Unha experiencia única que traslada directamente a emoción colectiva e irrepetible que vivimos os catro gravando á vez, improvisando xuntos, probando ideas macabras, e experimentando sons. O proceso trouxo o contido. Nunca fixera un disco así.

Grazas Anxo, Davide e Roberto por tanto cariño e tanta xenerosidade. Grazas por tanta humanidade.

RÚSTICA é unha carta de amor: Ao incrible patrimonio cultural de Galicia. Ao incrible talento dos artistas galegos. Ás relacións humanas. Á amizade. Á emoción. Á confianza.

 

Cristina Pato

AUDIO_DIGIPAK_4pp_1_TRAY_HS_ADP04007 RUSTICA 1 CRISTINA PATO DAVIDE SALVADO RUSTICA 2400

Error type: "Bad Request". Error message: "Bad Request" Domain: "usageLimits". Reason: "keyInvalid".

Did you added your own Google API key? Look at the help.

Check in YouTube if the id PLOw-6rt93Oo7HK88dtyriAm45_29fNIsH belongs to a playlist. Check the FAQ of the plugin or send error messages to support.