Loading... (0%)

Cantigas de mulleres

21 Xaneiro 2015
804071009623

Fecha de publicación:
09/01/2013

Formato:
CD

COMPRAR

APPLE-ico cart-ico spotify-ico youtube-ico

Cantigas de Mulleres

1. As Nosas Cores
2. Madama 3. Tris Tras
4. Fala de Mel
5. Deroran
6. 6 Am 7. Mirabella
8. Espadelada de Penosiños
9. Voz Das Amigas 10. Xoaniña
11. Cantar 22
12. Rosiña do Mes de …
13. Levousa Fremousa
14. Ven Que te Levo

15. Por Que Hei de Cantare
16. Noite Negra
17. Pola Rua de San Pedro

MULLERES-SOL NA MÚSICA GALEGA
Gañamos a pulso unha visibilidade que hai uns anos non tiñamos e logramos un amplo abano de público feminino de todas as idades.

Máis Info

Boa parte do público que acode aos nosos concertos son mulleres que entenden o que outras mulleres cantamos, que se senten identificadas coas letras das nosas composicións, que  descobren, ao escoitarnos, a súa propia voz.

Somos moitas as mulleres na composición, non só as intérpretes. Non somos só  voces transmisoras do que outros escriben….cada vez somos máis as mulleres autoras: creadoras de textos e melodías que nos expresan e reivindican; voces que atronan contra o silenciamento e  entoan cántigas tecidas coas nosas emocións.

Mulleres plurais, diferentes entre nós, con discursos propios e postas en escena intensas e apaixonadas,  actualizándonos e reinventándonos na sonoridade, na necesaria complicidade entre as mulleres galegas do canto, a voz das amigas.

Tamén sentimos a necesidade imperiosa de desmitificar, rachar tabús e retratar unha visión renovada da muller, fóra do eterno cliché, fuxindo dos estereotipos obsoletos.

Así somos nós no canto….forza matriz, mulleres-sol das que non se arredan, das que non temos pelos na lingua, das que non cantamos só ás pombas e as flores, das que facemos cantigas na nosa língua e coidamos a valiosa herdanza das cantigas das nosas avoas, pandeireta en man.

Morganas que berramos forte ou docemente susurramos unha nana, mulleres que sabemos que a revolución pendente, a do século XXI, é a nosa, cando mostremos as nosas cores e en todas partes resoe o cantar forte e poderoso das mulleres deste país que, tamén, ten nome de muller.

Uxía

MULLERES-SOL NA MÚSICA GALEGA
Gañamos a pulso unha visibilidade que hai uns anos non tiñamos e logramos un amplo abano de público feminino de todas as idades. Boa parte do público que acode aos nosos concertos son mulleres que entenden o que outras mulleres cantamos, que se senten identificadas coas letras das nosas composicións, que  descobren, ao escoitarnos, a súa propia voz.