Loading... (0%)


Bonovo

17 Setembro 2014
libreto

Fecha de publicación:
01/04/2001

Formato:
CD

COMPRAR

APPLE-ico cart-ico spotify-ico youtube-ico

Bonovo

1. Sexta
2. Danza filipa
3. Cousa bonita
4. Karamfil
5. Spaghetti panic
6. Fariñenta
7. Nova
8. Fariloops
9. 7-B
10. Gran dereit
11. Ai! Filomena querida
12. In the ocean

bOnOvO nace como un proxecto musical co propósito de satisfacer as inquedanzas de tres músicos na procura dunha nova sonoridade. A fusión das músicas que levan no seu interior conforma este trío.

Más info

.. lixeiramente asíncrono.

bOnOvO comeza aquí o camiño na busca dun son que non entende de etiquetas, co afán de romper as barreiras do establecido e que ten como principio fundamental a fusión de tres instrumentos e personalidades propias, nunha simbiose musical imprevisible.

 

Tres coñecidos músicos galegos: Óscar Fernández, Roberto Grandal e Pulpinho Viascón, con traxectorias musicais moi dispares (Os Cempés, Diplomáticos de Monte Alto, Jarbanzo Neghro, Budiño, Susana Seivane…) conflúen nun proxecto que aporta aire fresco e unha nova sonoridade ao panorama musical galego.

 

bOnOvO presentouse para Galiza no verán de 2007 no escenario do Festival do mundo celta de Ortigueira, e a través de Abada para o resto do mundo na feira internacional WOMEX en Sevilla. O grupo destaca como un proxecto innovador no tocante ao tratamento dos instrumentos, ao uso e adaptación do cancioneiro popular incluso a través de melodías do século XV, aínda que o repertorio ofrece unha maioría de composicións propias.

 

A esencia acústica da zanfona ou do acordeón, mesturados con batería electrónica, efectos e instrumentos virtuais, proporciona as ferramentas ao trío para interpretar en rigoroso directo todos os elementos que compoñen o son de bOnOvO.

bOnOvO nace como un proxecto musical co propósito de satisfacer as inquietudes de tres músicos na busca dunha nova sonoridade. A fusión das músicas que levan no seu interior conforma este trío… lixeiramente asíncrono.

libreto