Loading... (0%)


Berrogüetto

11 Xullo 2014
BERROGUETTO-Hepta

Fecha de publicación:
12/08/2003

Formato:
CD

COMPRAR

APPLE-ico cart-ico spotify-ico youtube-ico

Hepta

1. Nanatsu
2. Vinte Anos
3. Heptacordo
4. Baixando De Ti
5. Armenia
6. Samesugas
7. Setestrelo
8. Hebdomadaria
9. Albores
10. Cantos De Monzo
11. Gali@Matías.Tacom
12. Alquimista De Soños
13. Azul Graso

En 1996 aparecía na escena musical o primeiro disco de Berrogüetto. Nacía así a traxectoria dunha banda innovadora, con ideas diferentes e propostas orixinais.

Más info

Navicularia, o seu primeiro álbum, foi un éxito entre a crítica (premio da crítica alemana en 1997, compartido con Ry Cooder, premio europeo da músicaEiserner Eversteiner” en 1998) e do público. Con coidado e sensibilidade, dun modo discreto, o seu discurso sorprendía a todos.

Comezaron entón as actuacións por festivais e as xiras internacionais por Galicia, España, Portugal, Alemaña, Francia, Reino Unido, confirmando a vitalidade e mailo prestixio dunha banda galega que se convertía en moi pouco tempo nun dos grupos de “world music” máis importantes do mundo.

Viaxe por Urticaria, esperado segundo disco, editado en 1999, alongaba e corroboraba a enerxía creativa da música de Berrogüetto. Este álbum, que coñeceu varias edicións internacionais, sorprendeu, ademais, pola imaxe gráfica da portada: unhas fotografías onde se podían ver os músicos cubertos de barro, impregnados de terra, metáfora de  alternancia entre tradición e contemporaneidade, un dos propósitos musicais esenciais do grupo.

De igual modo, o borrador de Hepta (número sete, en grego) ten como xerme unha proposta ideográfica. Arrinca da reflexión e do xogo co número máxico: sete son os músicos, sete as notas musicais, sete as cores, sete as belas artes…

Por iso, para Hepta quíxose contar con colaboradores doutras disciplinas artísticas como é o caso de Georges Rousse, coñecido artista contemporáneo francés cunha técnica de traballo que combina arquitectura, pintura e fotografía. Hepta é unha combinación de distintas artes, unha intervención combinada de artistas que contou, ademais de George Rousse, con outras moitas achegas, como foi o caso da especial colaboración do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

As centenarias fábricas de cerámica de Sargadelos (Lugo), complexo fabril creado en 1791 polo ilustrado Antonio Raimundo Ibáñez,marqués deSargadelos, constitúe un exemplo único da revolución industrial en España e, ó mesmo tempo, unha páxina escura da historia (foi asasinado, por sospeitas de afrancesado) que cómpre reivindicar.

Esta factoría segue a ser un exemplo de creatividade e boa xestión, os seus actuais propietarios son promotores no mecenado das artes e prestáronse para colaborar con Berrogüetto no desenvolvemento da súa idea. Durante unha semana Georges Rousseinterveu un dos históricos edificios da antiga fábrica e o grupo viviu, día a día, a experiencia creadora. As consecuencias son a excelente portada, o concepto gráfico xeral do disco e as obras de arte fotográficas que se incorporaron ó álbum.

HEPTA contou coa colaboración de músicos internacionais: Jivan Gasparian (Armenia) que toca o duduk, un instrumento de vento cunhas calidades semellantes ás da voz humana; Markus Svensson (Suecia) achega  a nyckelharpa, un antigo instrumento tradicional sueco de teclas e cordas que se parece a un violín; Kalman Balogh (Hungría) interpreta o Cimbalom o orixinal instrumento tradicional dos Balcanes;Kin García, toca o contrabaixo e o baixo eléctrico; Xavier Díaz, pon a súa voz eLuis Palacín toca á harmónica.

O resultado son 13 temas compostos entre tódolos membros de Berrogüetto e que conteñen as claves musicais que consolidaron o estilo desta banda pioneira.

Hepta gravouse e mesturouse durante os meses de xullo, agosto e setembro de 2001 no estudio de gravación que o propio grupo ten no seu local de ensaio. Os retoques finais fixéronse en Casa de Tolos e a masterización levouna a cabo Bob Katz nos Estados Unidos.

Berrogüetto son nestre traballo: Anxo Pintos (zanfona, violín, saxo, piano, gaitas), Isaac Palacín (percusións), Quico Comesaña (bouzouki e arpa), Quin Farinha (violín), Santiago Cribeiro (acordeón e piano), Guillermo Fernández (guitarra e baixo) e Guadi Galego (voz e gaitas).

BERROGUETTO Viaxe por-urticaria

Fecha de publicación:
01/04/1999

Formato:
CD

COMPRAR

APPLE-ico cart-ico spotify-ico youtube-ico

Viaxe Por Urticaria

1. Aquí Canto
2. Tránsito
3. Indosesta
4. K
5. Lusco
6. Fusco
7. Alalá Das Humidades
8. Neocórtex
9. Bailador
10. A Forza Das Mareas
11. Ausencia

Esta viaxe que nos propón Berrogüetto ten coma punto de partida unha idea ancestralmente perseguida: acadar as quiméricas terras de Utopía. En realidade, coma xa é característico nestes músicos galegos, trátase dun xogo de palabras, dunha nova creación semántica. O grego Ícaro escapou do Labirinto xunto co seu pai, Dédalo, póndose unhas ás feitas con cera e plumas. Como queira que se acercou demasiado preto do Sol, as ás feitas de cera de Ícaro fundíronse e o seu corpo caeu nunha illa do mar Exeo que recibiu o nome de Icaria, porque alí foi onde ficaron os ósos do noso heroe. Viaxe por Icaria é o título dun libro, escrito no século XIX por Etienne Cabet, que trata sobre os mundos utópico.

Más info

Por outro lado, “urticaria” é o nome que designa unha clase de erupción cutánea semellante á que provoca a planta da estruga. A reacción que alenta a música deste segundo disco dos Berrogüetto é un livian proido epidérmico que incita a voar, a visitar as senlleiras brañas do universo inconfundible de Berrogüetto.
Durante esta orixinal travesía sonora visítanse outras moitas formas musicais que se mesturan entre si dando lugar a múltiples evocacións. Ademais Berrogüetto incorpora dende agora a voz vizosa e feminina de Guadi Galego, que se fai cómplice en varios dos seus novos temas. Xavier Paxariño convidado especialmente para esta nova singradura colaboróu á frauta e ó saxofón. Paco Dicenta foi o encargado do baixo eléctrico, mentres Rubén Isasi e Iñaki Plaza aportaron os exóticos sons das súas txalapartas. Todos estes ingredientes se amasaron na cociña dos estudios Elkar de Donosti, entre o mes de Nadal do 98 e o de Xaneiro do 99. Polo menos temos a esperanza de que con estes temas vos veña un tenue formigo que vos incite a emprender unha viaxe imaxinaria polo mundo utópico e particular da Urticaria. ¡E ollo co sol!

Premios que recibiu BERROGÜETTO:

1) Premio da Crítica Alemana 1997 (“Preis Vierteljahresliste  Der Deutschen Schallplatten Kritik 4/1997) polo seu traballo  discográfico “Navicularia”, compartido con Ry  Cooder.

2) Premio Ideal 97 ó Mellor Grupo Revelación otorgado polo diario “El Ideal Gallego”.

3) Premio Europeo da Música “Eiserner Eversteiner” 1998 (Premio Europeo da Música Folk na sua séptima edición.)

BERROGÜETTO son neste álbum:

Santiago Cribeiro
Acordeón, teclados.
Guillermo Fernández
Guitarras acústicas de seis e doce cordas, eléctrica e sintetizada.
Quico Comesaña
Bouzouki, harpa célitica.
Quim Farinha
Violín.
Isaac Palacín
Batería, percusións.
Anxo Pintos
Gaitas, Zanfona, saxo soprano, frautas de pico, piano e segundo violín.
Guadi Galego
Voz, gaita

BERROGUETTO Navicularia

Fecha de publicación:
20/05/1996

Formato:
CD

COMPRAR

APPLE-ico cart-ico spotify-ico youtube-ico

Navicularia

1. Navicularia
2. Valseiro
3. Rosendo En Sabaxans
4. Vilalbalcan I
5. Vilalbalcan Ii
6. Anubia
7. Cancro Cru
8. Jota De Mordomo / Danza De Gargamala
9. Mornoambarina
10. Jota De Gheada
11. O Mandil

Sin duda uno de los acontecimientos más importantes de la música gallega en los últimos años es la aparición de Berrogüetto con este impresionante primer trabajo llamado “Navicularia”.

Más info

El por qué ese título (que coincide con el primer tema del trabajo) lo explican en la misma caja del cd y así nos cuentan la historia de una nave llamada Navicularia quedó en cuarentena en la isla de San Simón por causa de una peste… y nos siguen contando una historia que hace coincidir los títulos de los temas (aunque no todods) con la historia. Además hay que decir que la caja del cd tiene una excelente presentación, tanto en el diseño gráfico de la portada que nos muestra un dibujo muy colorido con algunos de los instrumentos que tocan como que la caja consiste en un estuche de cartón muy práctico y bonito.

Su antecedente más próximo lo podemos encontrar en Matto Congrio (mítico grupo gallego de principios de los 90 en el cual se juntaron algunos de los músicos más prestigiosos de la música folk), del cual, al deshacerse, surgirían básicamente dos grupos: Carlos Núñez y su banda y el propio Berrogüetto, nacido en 1995. Y así tres de los seis músicos de Matto Congrio fundaron Berrogüetto; estos eran el genial Anxo Lois Pintos (gaitas, zanfona, saxo soprano, flauta de pico, violín y piano), Isaac Palacín (percusión y batería) y Santiago Cribeiro (acordeón, teclados y piano). Además se unieron otros músicos como Paco Juncal (violín) o Quico Comesaña (bouzouki y arpa céltica). Además de lo que es el propio grupo colaboraron las pandereteiras de “Cantigas e Agarimos” en cuatro temas del trabajo. El resultado fue sin duda espectacular.

Once temas geniales en los que los miembros de Berrogüetto tocan más de cincuenta instrumentos y que aúnan desde canciones tradicionales (como Anubía, tema incluido en la primera edición de Naciones Celtas; Vilabalcán) hasta temas de composición propia (Valseiro o el tema de Navicularia). La calidad del trabajo se vio reconocida en 1997 con el premio “Ideal” como “grupo revelación galego”, alcanzando el reconocimiento definitivo en toda Galicia y aún en el extranjero hasta el punto de llegar a lograr prestigiosos premios internacionales como el “Preises der Deutschen Schallplattenkitik” (Premio de la crítica alemana) compartido con Ry Cooder. Sin duda es una de las joyas de la música gallega este trabajo que sirvió de modelo de ver la música folk en Galicia. En definitiva, se trata de un trabajo único e irrepetible; que gustará tanto a amantes de la música folk como a quienes no la conocen.

Berrogüetto é o nome da subversión en contra do acomodaticio e do rutineiro. É a procura dun alén no decorrer das horas de traballo honesto e sincero, na beleza agochada no trasluz da constancia. Berrogüetto é o nome da minuciosidade puntillísta, do fino encaixe de harmonía e tempo, da áxil melodía que non se contenta coa súa galanura e alza os ollos para enxergar horizontes máis azuis e máis amplos.

Estes artistas viñeron a convulsionar o mundo folk cun discurso diferente e engaiolante. A xenialidade destes músicos galegos foi quen de crear un estilo propio e inconfundible, unha escola con seguidores e imitadores, algo ó que moi poucas formacións teñen o privilexio de acceder. Niso se distinguen os grandes creadores: só eles permanecen no imaxinario colectivo dun país, revelándose continuamente tras de usos e patróns estilísticos das novas xeracións de músicos.

Por se isto fora pouco, Berrogüetto vive nun perpetuum mobile, sempre cuestionándose a si mesmos, sempre inquedos no seu papel de grupo emblemático da música galega, agasallando ós seus seguidores (entre os que me atopo) con xoias musicais tan valiosas como pouco frecuentes. Con tan só tres traballos discográficos, Berrogüetto abriu novos camiños para a música folk galega. No seu décimo ano e no seu cuarto álbum,  as felicitacións  e os parabéns de todos os que os apreciamos.

Grazas, Berrogüetto.

BERROGUETTO-Hepta BERROGUETTO Viaxe por-urticaria BERROGUœETTO Navicularia Berrogueto imagen