Loading... (0%)


Bellón Maceiras Quinteto

04 Xullo 2014
grupo2

Fecha de publicación:
15/06/2010

Formato:
CD

COMPRAR

APPLE-ico cart-ico spotify-ico

Folkfusion

1. Melocotón
2. Caldo requente con broa de antonte
3. Solken
4. Tango pour Claude
5. Jotaerre
6. 28
7. La valse des Niglos
8. Licantropía
9. Unha noite na eira do trigo / St. Louis Blues
10. Muiñeira de Pontesampaio

A fusión é a seña de identidade de BM5, e a aportación musical de cada compoñente é o que define o particular son do grupo. Os músicos teñen total liberdade para expresarse, libres de ríxidas faixas estilísticas.

Máis info

Do seu gosto polo mestizaxe nace o que eles mesmo definen como “espicho”, a introducción de partes dunha melodía coñecida dentro de outro tema.

No disco que se apresenta, a gaita sae do seu caparazón para interpretar tango, swing, muiñeira, blues, habanera, jazz, samba, vals francés… Non agarden escoitar un so estilo e disfruten coa música.

O proxecto BellónMaceiras Quinteto naceu no 2005, a partires da unión musical do gaiteiro Daniel Bellón e do acordeonista Diego Maceiras. O seu profundo coñecimento da música tradicional gallega, xunto coas suas inquedanzas artísticas e o seu gusto polas músicas de outros países, fixeron que dende o principio, este dúo fusionara sen medo, ritmos e melodías de distintos lugares, facendo música do mundo dende Galicia.

Cando invitaron, no 2007, a tres músicos a formares parte do quinteto, estaban todos de acordo sobre a fusión que iban a crear.

Bellón Maceiras Quinteto presentou coa sua última proposta musical unha volta de folla do seu traballo discográfico, Unión das Terras. Ademáis de amosar dende un punto de vista propio algunhas culturas do mundo, tamén fan as súas propias composicións que mesturan a tradición xunto cos cortes máis contemporáneos da música galega.

Os seus compoñentes son Dani Bellón, Diego Maceiras, Juan “Cabe”, Miguel Lamas e Juan Tinaquero.