Loading... (0%)


Anubia

17 Setembro 2014
anubia_portada_disco

Fecha de publicación:
01/04/2001

Formato:
CD

COMPRAR

APPLE-ico cart-ico spotify-ico youtube-ico

1. Cantarea
2. H2o
3. Caótico
4. Frimamento
5. Sexto misterio
6. Sonando
7. San salvador
8. Clave de ferreña
9. Nai
10. Noite amarga
11. Morenita
12. Arrabeando

Este grupo de nova xeración nacía no ano 1998 dentro do panorama folk galego da man de seis mulleres mozas dispostas a dar un paso adiante no mundo das pandereiteiras, asociadas dende sempre á parte instrumental e de acompañamento dos grupos de baile na música tradicional galega.

Más info

Todas elas contaban cunha dilatada experiencia de décadas dentro da música tradicional,  agás de atesourar un amplo arquivo sonoro grazas ós traballos de campo que tiñan desenvolvido.

Xa fixeran a súa aparición no panorama musical galego colaborando con “Berrogüetto” (no seu primeiro álbum “Navicularia”, 1996), un dos referentes dentro do folk de Galicia, sendo daquela compoñentes da Agrupación Folclórica “Cantigas e Agarimos” de Santiago de Compostela. Acompañaron a Berrogüetto en todos os seus directos a nivel nacional e internacional durante case 3 anos.

Das súas inquedanzas por facer algo máis e pasar a ser totalmente protagonistas da súa propia historia musical, foi que naceu Anubía e o seu primeiro traballo discográfico “Segredo a voces”. Neste disco se recollen doce temas de base tradicional arranxados por Pablo Pérez, excompoñente de “Fía na Roca”, que conta cunha longa experiencia como músico de grupos dos máis diferentes estilos musicais, dende o folk ao jazz.

Anubía presentan un directo dinámico onde se mesturan ritmos pegadizos e próximos ao pop con temas lentos onde a voz é a principal protagonista. Agás disto Anubía mostra unha imaxe moderna e desenfadada onde o vestiario e as coreografías están deseñadas para ser a guinda do pastel dun variado menú.

Compoñentes de Anubía:

Eva Blanco: voz, pandeireta e percusión tradicional, Ana Blanco: voz, pandeireta e percusión tradicional, Patricia Blanco: voz, pandeireta e percusión tradicional, Teresa Triáns: voz, pandeireta e percusión tradicional, Maite Castro: voz, pandeireta e percusión tradicional, Isabel Vilaseco: voz, pandeireta e percusión tradicional.

Músicos: Pablo Pérez: baixo e contrabaixo, Nuria de León: frautas e arpas, Jacobo Gallego: batería e percusión, Ramón Feáns “Chiri”: bouzouki e guitarras, Jorge Juncal: acordeón e teclados.

Este grupo de nova xeración naceu no ano 1998, dentro do panorama folk galego e da man de seis mulleres dispostas a dar un paso adiante no mundo das pandereiteiras, posto que estiveron asociadas dende sempre á parte instrumental e de acompañamento dos grupos de baile da música tradicional galega.

Todas elas contaban cunha dilatada experiencia de décadas dentro da música tradicional, ademais de atesourar un amplo arquivo sonoro grazas ós traballos de campo que tiñan desenvolvido.

Fixeron a súa aparición no panorama musical galego colaborando con “Berrogüetto” (no seu primeiro álbum “Navicularia”, 1996), un dos referentes dentro do folk de Galicia, sendo daquela compoñentes da Agrupación Folclórica “Cantigas e Agarimos” de Santiago de Compostela. Acompañaron a Berrogüetto en todos os seus directos, tanto no ámbito nacional como internacional, durante case 3 anos.

Das súas inquedanzas por pasar a ser totalmente protagonistas da súa propia historia musical, foi que naceu Anubía e o seu primeiro traballo discográfico “Segredo a voces”.

Neste disco se recollen doce temas de base tradicional arranxados por Pablo Pérez, antigo compoñente de “Fía na Roca”, e que conta cunha longa experiencia como músico de grupos dos máis diferentes estilos musicais, dende o folk ao jazz.

 

Compoñentes de Anubía:

Eva Blanco: voz, pandeireta e percusión tradicional; Ana Blanco: voz, pandeireta e percusión tradicional; Patricia Blanco: voz, pandeireta e percusión tradicional; Teresa Triáns: voz, pandeireta e percusión tradicional; Maite Castro: voz, pandeireta e percusión tradicional; Isabel Vilaseco: voz, pandeireta e percusión tradicional.

Músicos: Pablo Pérez: baixo e contrabaixo; Nuria de León: frautas e arpas; Jacobo Gallego: batería e percusión; Ramón Feáns “Chiri”: bouzouki e guitarras; Jorge Juncal: acordeón e teclados.

anubia_portada_disco anubia2