30 de marzo de 2011
Xacobeo Raíces 2010 presenta un programa extraordinario de concertos de 25 artistas galegos.
Esta selección de 25 artistas e grupos é unha boa mostra do que está a acontecer hoxe en día na nosa cultura musical, propostas que beben da tradición, que evolucionan cos tempos que nos toca vivir e que se experimentan na creatividade vital do contemporáneo. Temos que destacalo altísimo nivel destes espectáculos, con producións técnicas exquisitamente coidadas e de gran nivel profesional, con músicos moi ben formados academicamente, curtidos na experiencia de centos de escenarios, e cunha capacidade compositiva sorprendente. Cada proposta artística é, de seu, interesante e única.
Tralo que escoitamos e vemos no escenario hai un intenso traballo de busca creativa, de orixinalidade, intentando ofrecer algo diferente e novo. Non s...