17 de Maio de 2012
O Galardón ao Mellor Disco foi entregado a DOA polo seu álbum A Fronda dos Cervos.
“ A música é un ben do noso país e nós temos o deber e a honra de estendela por todo o mundo”. Estas foron as palabras pronunciadas por Xoán Piñón, compoñente de DOA, no momento de recoller o Premio ao Mellor Disco por este traballo dedicado á lírica galego-portuguesa medieval de autores tan senlleiros no noso idioma como Martín Códax, Airas Nunes, Pero Meogo ou Meendinho, un traballo que recrea un mundo de bosques e paisaxes aínda vivos na nosa terra. A Fronda do Cervos tivo un gran recoñecemento internacional e este premio o consagra tamén no seu propio país.
DOA edita a súa música a través de Fol Música. Recibiu onte os seu galardón durante a gala de e...
17 de Maio de 2012
“Son máis de vinte cinco anos cantando no oficio máis fermoso do mundo e cantando na miña lingua”,- manifestou Uxía tras recoller este merecido premio que chega nun momento moi especial da súa vida. A súa traxectoria e a súa gran calidade artística e humana a teñen convertido nunha gran embaixadora da música galega. O seu derradeiro traballo Meu Canto, que xungue a música de Galicia, Portugal e Brasil ten sido recoñecida en numerosas ocasións máis aló das nosas fronteiras. “Outros vinte cinco anos estarei enriba dos escenarios e espero cantar en cada recuncho deste país” ,-engadiu Uxía facendo gala da súa xenerosidade, sempre sinxela.
Uxía edita a súa música a través de Fol Música. Recibiu onte os seu galardón durante a gala de entrega dos p...
17 de Maio de 2012
O grupo Fuxan os Ventos recibiu o V Galardón Andaina Senlleira que entrega esta nova convocatoria dos Premios Opinión
Antón Castro, membro do mítico grupos Fuxan os Ventos, agradecía ao xurado a distinción recibida a carreira senlleira da formación “por máis de 40 anos de andaina, de escenario en escenario, en Galicia e Europa, dun lugar a outro co activismo como bandeira”. Neste momento histórico no que a mensaxe de Fuxan os Ventos está máis viva i é máis necesaria ca nunca, este premio pon en valor e fai unha reivindicación dunhas cancións que estarán sempre vivas na nosa memoria colectiva e particular.
Fuxan os Ventos editou o CD+DVD “Terra de Soños” a través de Fol Música. Recibiu onte os seu galardón durante a gala de entrega dos premios A O...
11 de Maio de 2012
Os Cempes voltan aos escenarios cun novo album para celebrar os 20 anos que pasaron dende o seu primeiro concerto. Para
gravar este traballo contaron coa colaboración das Mozas e Mozos da Escola Livre da MPG, con músicos invitados como Carlos Quintá, Begoña Lorenzo, Luis Peixoto, Tiago Pereira, José Diaz, Benxamin Otero, Pablo Doval...
Unha selección especial de música bailable, do mellor da tradición musical galega ao estilo inconfundible de Os Cempés
TENTEMOZO é un proxecto que foi posibel grazas ós seguidores e amigos de OS CEMPÉS, as suas aportacións económica a través de Crowdfunding, o seu calor e apoi foron decisivos para gravar este traballo, toda a info aquí:
11 de Maio de 2012
“Fendendo Achas” é o primeiro videoclip de TALABARTE, grupo formado por Pedro Pascual (acordeón), Quim Farihna (violín) e Kim García (contrabaixo).
Estes tres músicos fundamentais da escena musical galega e internacional do Folk contemporáneo alcanzan altísimos niveis de virtuosismo con este atrevido e simpático tema.
O vídeo clip foi realizado polo multi-premiado director galego Quique Otero (Crebinsky) e recrea un universo que nos aproxima aos bosques do Noroeste, onde uns intrépidos leñadores que se transforman en músicos afían as súas hachas para talar eucaliptos, a especie australiana que foi invadindo os bosques de carballos e castiñeiros, árbores autóctonos de Galicia.
O v...